17092019Mar
Última edición: Lun, 16 Sep 2019 11pm

Iria Campos e David Castro convertéronse nos primeiros gañadores dunha proba do Depo Desafío 2019 despois de cruzar a meta en primeiro lugar na etapa BTT que acolleu este domingo 9 de xuño o concello das Neves. En categoría feminina foi Iria Campos a primeira clasificada, cun tempo dunha hora e 50 minutos. En segundo lugar chegou Andrea Simón (terceira na clasificación xeral de 2018) e en terceiro, Cristina Fernández.

A Deputación de Pontevedra organizará tres novas DepoRutas BTT e colaborará coa Epic Race, probas presentadas este luns por Carmela Silva xunto aos alcaldes e alcaldesas dos concellos que forman parte dos percorridos e as comunidades de montes.

Este domingo, a partir das 09:00 horas españolas dende a piscina municipal de Valença, sairá a “VII Eurocidade BTT”, proba deportiva de ciclismo de montaña, organizada pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración coa Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, que percorrerá polas dúas cidades e polos dous montes, o Aloia e o Faro, con dous posibles percorridos, un de 42 e outro de 74 quilómetros, dependendo do nivel de cada participante.

Abel Caballero presentou este venres a quinta edición de "A Gran Bikedada", prevista para este domingo, como "un evento deportivo da meirande importancia, de gran contundencia, consolidado no calendario ciclista galego e diría que empeza tamén a traspasar fronteiras", asegurou o rexedor. O alcalde lembrou que están entre os inscritos Óscar Pereiro, Ezequiel Mosquera e Lucía Vázquez e que a proba, non competitiva, sí terá premios especiais: ao equipo máis numeroso, ao equipos máis numerosos non galego, ao equipo feminino máis numeroso e á participante e ó participante chegados de máis lonxe.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrou a súa satisfacción pola boa acollida que está a ter a posta en marcha das Depo Rutas de BTT, xa que “en apenas unha semana” se completaron as 250 prazas ofertadas para a primeira saída, que se celebrará en Verducido o vindeiro 1 de outubro, con saída dende o encoro do Pontillón do Castro, “superando incluso as expectativas de participación previstas, o que da boa conta do interese que hai por este deporte en auxe”.

movilidad

tráfico

semana europea de la movilidad