Abel Caballero e Carmela Silva rubricaron este xoves un protocolo entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, un marco de colaboración para a instalación no entorno da biblioteca municipal Neira Vilas, en Martínez Garrido, dunha escultura en granito de «Balbino», personaxe creado polo autor galego na súa obra «Memorias dun Neno Labrego».
Segundo explicou o alcalde ao remate, a obra «ten un gran interese simbólico» e correrá a cargo da Escola de Canteiros da deputación provincial. Caballero avanzou que estará instalada ao longo do mes de marzo.
En concreto a escultura terá unhas dimensións de 1,40 metros de alto, por 40 centímetros de ancho e 30 de fondo. Estará feito en granito silvestre extraído de una canteira próxima á casa do escritor e contará cun peso aproximado de 300 kilos.