13112019Mié
Última edición: Mié, 13 Nov 2019 8pm

O Concello de Nigrán celebra dende este venres e ata o propio domingo 5 o Día Mundial do Medio Ambiente coa exposición "Un mar de Lixo", feita polos alumnos de 2º da ESO do IES Val Miñor.

O Concello de Nigrán levará ao pleno do martes 31 o aumento este ano dun 30% das prazas para o campamento de verán 2016 e a creación dun xuvenil para adolescentes. Ademáis, dará cabida por vez primeira a nenos a partir de tres anos e no xuvenil adolescentes entre 12 e 16 anos.

Abel Caballero presentou este xoves "La gran ilusión" o espectáculo de maxia que Antonio Díaz, o Mago Pop, representará no Auditorio Mar de Vigo desde o 24 ao 26 de xuño, en cinco pases. Coñecido como unha das estrelas televisivas de Discovery Max, recibiu o Premio Nacional de Maxia e acumula 450.000 espectadores con este.

A Deputación de Pontevedra aprobou o convenio de colaboración co Concello de Vigo mediante o cal a institución provincial concederá unha axuda para as obras de reforma de tres plantas do auditorio Mar de Vigo para instalación da aula da Universidade Nacional a Distancia (UNED).

Continúa o desenvolvemento do programa municipal "Música coa escola", de divulgación das actividades das escolas municipais Escola municipal de música de Vigo (EMMV) e Escola municipal de música folk e tradicional (E-TRAD).

transporte

sucesos

virales