14102019Lun
Última edición: Dom, 13 Oct 2019 9pm

O Concello de Nigrán está a instalar en Praia América, Patos, A Madorra e Area Fofa ‘recolle-cabichas’ artesanais feitos con material de refugallo por nenos que asisten aos obradoiros infantís do mercadillo de Praia América, estando os primeiros xa colocados na area, ao carón deste lugar. Ademais, dez unidades foron encargados ao Centro Juan María emprego e estarán xa listas esta semana.

A Xunta de Galicia remitiu ao Concello de Nigrán os resultados das últimas mostras de ensaio recollidas en varios areais da localidade con resultados positivos en ‘Escherichia Coli’ no caso da praia de Area Fofa, na parroquia de Panxón. Un novo episodio de contaminación microbiolóxica da auga que se suma ao que desde o pasado 9 de agosto se detectou na desembocadura do Río Muíños, en Praia América, e que ata o de agora mantense sen variacións segundo sostén o Goberno galego.

O Concello de Nigrán ven de instalar aseos accesibles en Praia América, Patos, Area Fofa e Madorra (os principais areais de Nigrán) e habilitar un itinerario de entrada a Praia América mediante pequenas placas de formigón prefabricado e desmontable. En total, trátase dun investimento de 45.000 euros en obras enmarcadas na política de "Un Nigrán para todos" co obxectivo de garantir a total accesibilidade ás principais praias do municipio.

O Concello de Nigrán izou este venres as bandeiras 'Ecoplayas' nos catro areais que voltaron a obter este distintivo: Praia América, Panxón, Patos e Area Fofa.

vigo

economía

economía