No acto participou o Alcalde de Vigo, Abel Caballero. Un encontro que comezou coa entrega de premios do concurso de debuxo dixital, unha actividade divulgativa a través da que os escolares amplían o seu coñecemento sobre cada unha das fases do ciclo da auga. Ademais de que adquiran uns hábitos responsables con respecto á auga, tanto no relativo ao seu consumo, como á súa devolución ao medio natural, a través dos procesos de depuración é vital.
“O obxectivo deste concurso, que xa vai por catorce edicións, é o de aprender dunha forma divertida cal é o ciclo integral da auga e concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de realizar un consumo responsable dun ben tan prezado como o que temos e que é a auga. Nesta edición, os nenos e nenas plasmaran o seu coñecemento sobre cada una das fases deste ciclo nun entorno de conto; en definitiva, aprender xogando”, asegurou José María Ardoy, director de Aqualia en Vigo.
Este ano propúxose aos nenos que plasmasen o seu coñecemento sobre cada unha das fases do ciclo da auga nunha contorna de conto. Magos, paladíns e outras personaxes inspiraron aos pequenos neste divertido reto, potenciando a súa creatividade á vez que a súa concienciación sobre a auga.
O certame contou con máis de 8.500 participacións en toda España e dos 10 gañadores individuais atópase un escolar vigués, María Sío Tizón, do CEIP Frian-Teis. Ademais, doce escolares vigueses recibiron o premio finalista: Uxía Solla Alonso (CEIP da Carrasqueira), Darío Casal Jiménez (CEIP Emilia Pardo Bazán), Antón Rodríguez Monroy (CEIP García), Barbón Tiago Vecino Maure (CEIP Lope de Vega), Alía Jorge Martínez (E.E.I Vilalaura), Jacobo González Herreros (Colexio Mariano), Nayeli Esquivel Hevia (Colexio Quiñones de León), David Quintas Viana (CPR Barreiro), Sara Lira González (Colexio Mariano), Laura López Franco (CEP Dr. Fleming), Álvaro Conde Alberte (Colexio Compañía de María), Mía Chaver (Riveiro Centro Privado de Ensino Miralba).
Desde a organización do certame apuntan que o obxectivo era fundamentalmente que “poidan percorrer cada unha das etapas do ciclo integral da auga, demostrando, ademais, o que aprenderon sobre iso, creando a súa propia contorna de conto”.
O evento rematou cunha solta de 300 globos por parte dos rapaces participantes que levaban atados uns consellos de consumo responsable de auga aportados por cada un dos nenos participantes no acto.
“Misión Depuración!”
Coincidindo con este día, Aqualia lanzou unha nova edición do Concurso Dixital Infantil Internacional, a número quince, baixo o lema “Misión Depuración!”. Están chamados a participar os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria dos municipios nos que Aqualia presta servizo en toda España. O Concurso articúlase ao redor dun microsite www.misiondepuracion.gal. Este ano proponse que os nenos plasmen o seu coñecemento sobre a última etapa da xestión do ciclo da auga, a depuración e reutilización da auga, nunha viaxe planetaria. Hidrokid, superaquas e outros personaxes inspirarán aos pequenos neste divertido reto, potenciando a súa creatividade á vez que a súa concienciación sobre a auga.
O Concurso, que alcanza este ano a XV edición, ten dimensión internacional. Ademais de en España, convócase en Portugal, Italia e República Checa, países nos que Aqualia está presente xestionando o ciclo integral da auga en varios municipios e territorios.
O Concurso Dixital Infantil Internacional é xa un referente para os municipios nos que Aqualia está presente. dsde a organización do certame sinalan que “estamos orgullosos de cumprir 15 anos. A colaboración cos Centros Escolares e os concellos no desenvolvemento desta acción é extraordinaria e cada ano vai a máis”.