21052019Mar
Última edición: Mar, 21 May 2019 10pm

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o proxecto de obra para construír un aparcamento en superficie na rúa Coutadas, en Teis, mediante un investimento de 76.000 euros. A empresa adxudicataria é Civis Global e o prazo de execución é de dous meses, polo que está previsto que a zona, situada xunto á piscina, estea dispoñible en breve.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobará esta semana o proxecto de obras de construción dun aparcamento gratuíto nunha parcela do antigo Grupo de Empresas Álvarez.

O Álvaro Cunqueiro estreou este martes unha praza exclusiva de estacionamento para recoller aos bebés e ás súas nais que se van de alta do hospital. Trátase dunha medida que pretende facilitar os desprazamentos das familias unha vez que recibiron a alta médica tras o parto. A tal fin, habilitouse unha zona reservada no andar -2 do estacionamento, que será de uso exclusivo para estes casos.

Abel Caballero anunciou este xoves, despois de que a Xunta de Goberno Local adxudicase o contrato por case 540.000 euros, que en quince días arrancará as obras do aparcamento do Cunqueiro. O alcalde recordou que as aproximadamente 400 prazas de estacionamento serán gratuitas.

A Xunta de Persoal do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo vén de iniciar unha campaña de mobilizacións contra a caótica situación do tráfico no exterior do centro médico e os problemas de acceso aos aparcamentos. Traballadores e usuarios desenvolveron este venres unha concentración na entrada principal do edificio e diante do despacho da dirección para reclamar que se ordene a circulación e se habiliten máis prazas de estacionamento.

sucesos

el tiempo

  • El calor ya tiene fecha de regreso en Vigo
    El calor ya tiene fecha de regreso en Vigo Tras varias jornadas debatiéndose entre nubes y claros y con temperaturas que no logran alcanzar los 20 grados, Vigo experimentará un cambio de tendencia con la llegada del fin de semana. La subida de los termómetros será progresiva pero se…
    Leer más...

conflicto laboral

solidaridad