19102019Sáb
Última edición: Vie, 18 Oct 2019 8pm

A Guarda conta cunha nova zona azul, de aparcamento disuasorio, na rúa Brasilino Álvarez, que foi implantada polo Concello co obxectivo de incrementar a mobilidade das persoas no casco urbano da vila. Este espazo, cunha capacidade aproximada de 25 turismos, rexerase polo sistema de estacionamento gratuíto con horario limitado. Os usuarios terán hora e media para poder aparcar os seus vehículos nesta zona, que dispón ademais de dúas prazas para persoas de mobilidade reducida.

A Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, chega súa XXIX edición cunha programación onde os humoristas e a música de fusión serán os protagonistas xunto coa raíña da festa, a lagosta.

O Concello da Guarda vén de rematar as obras do Proxecto de Urbanización do entorno do Cruceiro Pinto de Salcidos. Neste proxecto de renovación do pavimentado do camiño da Cruz, situado no núcleo de San Lourenzo, realizouse unha obra para a acondicionar este ben patrimonial, permitindo mellorar este camiño para o servizo do común dos cidadáns.

O regatista Javier de la Gándara, quen fose patrón do "Galicia 93" que participou na Volta ao Mundo a Vela hai agora 25 anos, será o padriño do ' volanteiro' que a asociación Piueiro está a construír con motivo do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

O Concello da Guarda promoveu, baixo a dirección de Brais X. Currás da Universidade de Coimbra (CEAACP), un Proxecto de Escavación, Análise e Sinalización do Cuncheiro do Monte Trega.

sucesos

economía

economía