14102019Lun
Última edición: Dom, 13 Oct 2019 9pm

Representantes de la organización Cadenas Mundiales Sostenibles de Productos del Mar, un proyecto interregional impulsado por Naciones Unidas para el Desarrollo e implementado por los Ministerios y Oficinas de Pesca y Producción de Costa Rica, Ecuador, Filipinas e Indonesia, realizaron una visita a Galicia para conocer la Lonja de Vigo y la actividad que lleva a cabo la Organización de Palangreros Guardeses (Orpagu).

O Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que no seu décimo cuarta edición celébrase na Guarda do 11 ao 14 de xullo, será o primeiro da historia no que boa parte dos barcos realice unha travesía en mar aberto para aproximarse ao escenario de celebración.

A Deputación de Pontevedra vén de anunciar a licitación do proxecto para a mellora dos accesos á Praia do Muíño despois da sinatura dun convenio, no pasado mes de febreiro, entre o ente provincial e o Concello de A Guarda para o acondicionamento da entrada a esta porta do espazo natural protexido do Esteiro do Río Miño. O orzamento total ascende ás 192.190 euros e o prazo para a presentación de ofertas remata o vindeiro 2 de xullo.

Axentes da Policía Autonómica da sede de Vigo veñen de incautar 41,3 quilos de percebe, tras unha operación levada en cabo en colaboración con vixilantes da Confraría do porto da Guarda.

A Guarda conta cunha nova zona azul, de aparcamento disuasorio, na rúa Brasilino Álvarez, que foi implantada polo Concello co obxectivo de incrementar a mobilidade das persoas no casco urbano da vila. Este espazo, cunha capacidade aproximada de 25 turismos, rexerase polo sistema de estacionamento gratuíto con horario limitado. Os usuarios terán hora e media para poder aparcar os seus vehículos nesta zona, que dispón ademais de dúas prazas para persoas de mobilidade reducida.

vigo

economía

economía