18102019Vie
Última edición: Jue, 17 Oct 2019 7pm

A peculiar situación xeográfica da Guarda marcou o acto de inauguración do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia na tarde noite de hoxe, xa que desde calquera punto do porto, os centos de veciños e visitantes puideron gozar dunha magnífica estampa: a das naves que participaron no evento fondeadas en forma de arco na bocana da dársena, onde, como tantas outros barcos ao longo da historia, atoparon un amable e seguro abrigo.

Integrada no XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, A Guarda acolle dende este xoves e ata o domingo, 14 de xullo, a mostra itinerante da Deputación “Achegas das Mulleres á sustentabilidade do mar”, unha iniciativa promovida pola institución provincial en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño. Así, a mostra poderá visitarse no Pavillón do Patrimonio, Reghiño (porto da Guarda) en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 h.

A Guarda prepárase para unha fin de semana longa e de moita actividade co XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia coma protagonista e enlazando tamén xa coas Festas do Carme, que se celebran o luns e o martes(festivo local).

De Muros e Vigo ata Cíes e de aí en convoi ata A Guarda, a comitiva por mar, inédita ata a data, foi gravada en vídeo pola organización polo o seu exemplo de cooperación entre as diferentes asociacións galegas que conforman Culturmar, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e distintos departamentos da Xunta de Galicia.

A Guarda acolle esta fin de semana a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, un evento gastronómico que congrega a milleiros de persoas no Porto da Guarda e no que se poden degustar ademais moitos pratos da Cociña Mariñeira.

ocio

economía

economía