18102019Vie
Última edición: Jue, 17 Oct 2019 7pm

A pesar de que a Festa do Peixe Espada prolongouse na súa primeira xornada ata as catro da madrugada entre racións de peixe e a música da Rianxeira, esta mañá ás dez a carpa feiral xa estaba preparada para acoller a presentación oficial de Ecodestin-Sensea, unha iniciativa de turismo mariñeiro inclusivo desenvolta pola empresa Bluscus e que conta co respaldo da Xunta de Galicia.

O orvallo, esa choiva liviá tan característica de Galicia, foi un elemento máis da primeira xornada da Festa do Peixe Espada, o evento organizado pola Organización de Palangreiros Guardeses ( Orpagu) en colaboración co Concello da Guarda. A súa presenza nesta décimo sexta edición non desluciu en nada a brillantez da organización desta cita de referencia no Baixo Miño.

A Guarda acolle do 5 ao 12 de agosto as Festas do Monte 2019, catalogadas de Interese Turístico de Galicia e que comprenden unha semana chea de actividades culturais, deportivas e de ocio e tempo libre. A programación de actividades arranca na xornada do sábado 3 de agosto cos torneos de hockey e as carreiras pedestres.

O director xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Andrés Paz-Ares, entregou ao alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e ao da Guarda, Antonio Lomba, o diploma de ouro da Rede Galega de Praias sen Fume, por ter declarados sen fume de tabaco todos os seus respectivos areais. Baiona, concretamente, renova este galardón que xa posuía e o da Guarda o consigue por vez primeira.

La Guardia Civil ha detenido a una pareja de A Guarda como presuntos autores de una tentativa de robo en un establecimiento comercial de la misma localidad. Se trata de dos vecinos del municipio que tienen un amplio historial de antecedentes policiales relacionados con los estupefacientes y los robos con fuerza en establecimientos comerciales y locales públicos.

ocio

economía

economía