22112019Vie
Última edición: Jue, 21 Nov 2019 7pm

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou este xoves a programación impulsada pola institución ao abeiro do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que arranca xa na provincia de Pontevedra. Neste eido Silva destacou que “o 8 de marzo non pode rematar o 8 de marzo e por iso nós impulsamos unha programación que estende a igualdade todo o ano”.

O Pazo de Vilavella de Redondela encheuse este xoves no acto de presentación do libro ‘Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo’, impulsado pola Deputación de Pontevedra e editado por Galaxia, ao que asistiron a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, acompañada de deputadas e deputados, a coordinadora do libro, a escritora Inma López Silva, e cinco das súas autoras: a xornalista Susana Pedreira, a fotógrafa e profesora Ana Fresco, a funcionaria Sarai González, a matrona Susana Iglesias e a estudante Sandra Núñez.

O grupo municipal da Marea de Vigo fai un chamamento á folga feminista do 8 de marzo e pediu que o Concello de Vigo apoie e promova o paro convocado para o xoves da semana que vén. A formación defende este mércores no Pleno da Corporación unha moción ao respecto que presentou publicamente a concelleira Marga López Barreiro xunto coa deputada de En Marea no Parlamento de Galicia Paula Quinteiro.

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, anunciou o seu apoio a folga de mulleres convocada para o vindeiro día 8 de marzo e mostrou a súa intención de secundala, polo que non traballará ese día. Ademais, pediu o máximo respaldo á iniciativa porque “todas nós temos argumentos dabondo para sumarnos a ela”.

Entre las piernas de los hombres

Publicado en Opinión
07 Marzo 2016

Entre las piernas de los hombres no está la diferencia entre estos y las mujeres, ni la razón de la desigualdad entre ambos géneros. Entre las piernas de los hombres no se encuentra la justificación del uso y abuso sobre la mujer, ni las cargas que les imponen, desde siempre pero más inaceptables que nunca.

gastronomía

ocio

navidad