• Falece Higinio Rivera Semper

    Tal día como hoy, en el año 1911...

    Falece o xeneral de división don Higinio Rivera Semper. Nacera en Vigo, na casa solar do seu apelido, en 1845. Era oficial da Lexión de Honor, Cabaleiro do Mérito Agrícola, Medalla de Ouro da Cruz Vermella Española,etc.

    Aos 41 anos ascendeu a coronel e aos 46 a xeneral tras a súa activa participación na sublevación de Loja e na guerra do Norte. En 1984 foi agregado ao cuartel xeneral de Martínez Campos, en ocasión da embaixada extraordinaria deste.

    Era fillo de don Manuel Rivera y Troncoso e neto de don Tomás Rivera y Quiñones, ambos os dos vigueses e igualmente xenerais. Don Manuel Rivera y Troncoso faleceu en acto de servizo ao facer fronte en Ferrol a unha sublevación de carabineiros do Reino.

    O pazo dos Rivera, cos seus muros con brasóns, consérvase aínda en bastante bo estado, próximo á igrexa parroquial de Santa Cristina de Lavadores, onde viven descendentes desta nobre casa.

    21 de maio de 1911Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Editorial Xerais, 2008. Edicións Monterrey, 1960).

    RelacionadosArtículos

    Más Vistos

    -

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.