• Alta mortalidade infantil no Vigo de finais do século XIX

    Tal día como hoy, en el año 1975...

    «Movemento demográfico da semana comprendida entre o 14 e o 22: casamentos, ningún; casamentos pendentes, cinco; bautismos, sete; mortos adultos, un; mortos párvulos, sete. A mortalidade infantil era, aínda, como se advirte estarrecedora. A duras penas sobrevivíase á nenez, talvez, por isto os matrimonios eran máis fecundos que na actualidade. (Non escollemos a propósito, senon que tomamos estes datos ao azar, que son en todo semellantes aos de calquera outra semana).

    Despois, claro está, pese ao atraso da hixiene e da medicina, xa non era moi difícil chegar a vello tras a durísima proba daquel Rubicón infantil. Hoxe, pola contra, a lonxevidade xa non ten mérito; o máis esmirrado sae adiante…».

    22 de maio de 1975Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Editorial Xerais, 2008. Edicións Monterrey, 1960).

    RelacionadosArtículos

    Más Vistos

    -

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.