• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 5 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Un conto polo Nadal

    Jorge Castro por Jorge Castro
    26 de Dic, 2014
    en Rugby
    0
    Un conto polo Nadal

    Pola súa banda, o curmán Jonathan non tivo présa aquela mañá. Sempre foi o gordiño da familia e da clase e o número un co nome de Marler chegou coma no ano anterior. Ata despois, pouco antes do mediodía, non tiña que poñela para ir a buscar a Ben a estación. Preguntou ó seu pai para confirmala hora e consultou a caixa de novo. Alí estaban as entradas do museo e os carnés.

    O tren saíu puntual, mamá meteu os bacadillos no bolso e papá puxo a camisola do avó. Case sen cor, enriba do corazón estaba a palabra Saints, aínda que moito máis feble que a camisola nova de Ben. Era o momento de encher o bandullo porque, uns minutos máis tarde, estaría Jonathan co tío Spencer no andén. Habería pouco tempo e aínda tiña que camiñar.

    Os trens chegaban entre a néboa de decembro e con rebumbio na estación. Moita viaxe e algún reencontro. «No que procede de Northampton, na liña seis, coma sempre», díxolle Spencer a Jonathan. Pouco a pouco, entrou a locomotora e comezaron a baixar os pasaxeiros. Algúns deles con bufandas e outros cos gorros verdes e negros. Era sábado, un día sinalado, na semana de Nadal había, como cada tempada, o Gran Partido ‘Big Game’.

    Por fin apareceu Ben, que baixou á présa do vagón e, empurrando polo pai Michael, chegaron a onde o seu curmán Jonathan. De inmediato pegou contra o seu barrigolo e, como nas últimas vacacións, non o moveu do sitio. «Non hai maneira», dixo, o mesmo que os últimos catro anos. Os maiores, cun sorriso nos beizos saudáronse, déronse unha palmadiña nas costas e, tralo percorrido habitual, estaban a uns metros do campo grande. Os nenos bebían un zume de laranxa, os maiores un café e Jonathan preguntou porque este ano quedaron tan cedo se o encontro non comezaba ata dúas horas máis tarde.

    «Xa que vimos a cidade, haberá que ir a ver o museo do rugby», contestou o seu pai. Dez minutos despois, maiores e pequenos tiñan o ticket na man e pasaban un torno para atopar con velocidade a figura de William Web Ellis. Os irmáns maiores Spencer e Michael prestaban especial atención ás fotografías en branco e negro, e pararon ante unhas curiosas datas. De súpeto, Spencer exclamou «gañei, gañei, gañei, a Guinness a tes que pagar, os Harlequins naceron antes, en 1866. E pensabas que era un mentirán». Michael pronto replicou «tranquilo, que eu pagarei a do partido, pero a de despois vai a ser cousa túa porque os Santos son líderes e van volver gañar».

    Atrás queda unha camisola pendurada coa rosa no peito. Na placa está a data 1871, pero os pequenos Jonathan e Ben están atendendo o balón do recuncho e ó póster máis alto, coa palabra Wilkinson debaixo. O coñecido ‘Wilko’, ano 2003, de novo a rosa no peito e a primeira vez que os do Norte gañaban ós do Sur, pero iso eran palabras maiores. Hoxe tocaba o Gran Partido, pero da competición doméstica, e xa chegaba a hora. Os pais recolleron ós fillos e entraron pola porta once cara os asentos na grada Oeste.

    A previsión falaba de que estaríase preto do cheo. Uns 80.000 espectadores, a partes iguais entre os dous equipos e moitos afeccionados ó ‘Gran Partido’. O líder sae forte, Ben salta no seu asento cando outro Ben, de apelido Foden, logra un ensaio. Na segunda metade comezan a correr os arlequinados, aínda que a Jonathan gústalle máis o traballo do gordiño e barbudo Marler. Aínda así, o seu pai recórdalle que iso de protestar ó árbitro e cousa doutro deporte, cando ó seu heroe vai dez minutos a descansar a banda.

    A contra atrás remata co ‘zero’, e o oval para Jonathan trala patada dende o campo co tempo cumprido. Tivo sorte, porque parou no seu asento. Tras apurar a Guinness os maiores despídense na estación ata o vindeiro partido e os pequenos recordan que, nunha semana, serán eles os que teñan que xogar no vixésimo sétimo torneo escolar. «Vou a tirarte ó chan», afirma convencido Jonathan e Ben replica que «primeiro tes que collerme».

    Este relato é un conto, unha ficción, que podería darse na tarde deste sábado 27 de decembro no estadio de Twickenham en Londres. Á hora do té (16:30), o líder da liga inglesa, o Norhampton Saints visita ós Harlequins e xogan un dos poucos encontros da tempada regular que acolle o campo principal de Twickenham (habitualmente Harlequíns xoga nun campo auxiliar de 14.000 espectadores). Aproveitan o Nadal para unha particular festa. Buscan o cheo, afeccións misturadas e, nos baixos do campo que é propiedade da Federación Inglesa, atópase o Museo Mundial do Rugby. Un conto que podería ser…

    43

    RelacionadosArtículos

    Rueda pide «mucha precaución» en una jornada donde Leonardo sacudió con fuerza a Pontevedra
    Actualidad

    Rueda pide «mucha precaución» en una jornada donde Leonardo sacudió con fuerza a Pontevedra

    05 de Feb, 2026
    Piden más de 4 años de cárcel por masturbarse frente a una menor en una calle de Vigo y tocarla
    Local

    Casi 6 años de cárcel para un vigués por maltratar a su esposa: ‘No tienes derecho a estar enferma’

    05 de Feb, 2026
    La «doble velocidad» en las obras de vivienda de Navia: el primer bloque ya vislumbra y otro, con cambios
    Local

    La «doble velocidad» en las obras de vivienda de Navia: el primer bloque ya vislumbra y otro, con cambios

    05 de Feb, 2026
    O BNG de Vigo insta á reapertura dos parques infantís
    Local

    Vigo decreta cierres preventivos y restricción de accesos ante la llegada de Leonardo

    05 de Feb, 2026
    El bardo que emocionó a Galicia vuelve para celebrar 50 años de un disco legendario
    Música

    El bardo que emocionó a Galicia vuelve para celebrar 50 años de un disco legendario

    05 de Feb, 2026
    El año de los temporales
    Más Vigo

    El año de los temporales

    05 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    Vigo destina casi 400.000 euros a la rehabilitación de un espacio histórico en pleno barrio de Ribadavia

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El año de los temporales
    Más Vigo

    El año de los temporales

    Este año 2026 ha comenzado con borrascas que han afectado sin tregua a la ciudad de Vigo, una borrasca detrás...

    por Julio Alonso
    05 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión
    Opinión

    La izquierda nos mete un buen bocado a la libertad de expresión

    Entre el 2 y 5 de Febrero se "iban" a celebrar en la capital hispalense la XI edición de "Letras en...

    por Fernando Torres Carbajo
    03 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR