A galega, xunto a súa guía Paula García Godino, saiu da auga moi preto de Alison Patrick (Gran Bretaña), a só cinco segundos. Na bicicleta, Susana foi recuperando a distancia ás B1, e puideron poñerse na segunda posición antes de que rematase o segmento de bicicleta. Pero a británica foise escapando pouco a pouco para firmar así a vitoria final cun tempo de 1:08:23. A segunda posición foi para Susana Rodríguez Gacio (1:10:06) e terceira foi Amy Dixon (USA).