Máis que Auga abriu as portas dos seus centros de forma gratuíta para todas aquelas persoas que, previamente, se apuntaran a través da web. Ademais da posibilidade de ter acceso libre ás instalacións de auga e sala dos centros de Barreiro, Coia e Navia, a empresa ofreceu 20 actividades dirixidas polos seus técnicos, moitas delas orientadas a toda a familia. Así puideron facer pilates, zumba en familia, body combat, adestramento de traballo aeróbico na auga, ximnasia na auga en familia ou unha clase de pádel.
Ademais, a empresa ofreceu un servizo de ludoteca infantil a partir dos 3 anos para que nais e pais puideran participar nas actividades de adultos coa tranquilidade de saber que os máis pequenos estaban xogando e atendidos.
O obxectivo desta celebración era que os vigueses e viguesas coñezan os beneficios do deporte en primeira persoa e poidan dar con aqueles exercicios que mellor se adapten ás súas necesidades.