Susana, que compite na categoría PT-5 para deportistas con discapacidade visual, chegaba a esta proba con algunhas dúbidas polas malas sensacións que tiveron no Europeo de Ginebra hai so uns días.
Afortunadamente en Iseo todo foi ben diferente. As sensacións foron moi positivas, sobre todo porque remataron segundas a pesar dunha caída na bicicleta ao realizar un xiro complicado, que lles fixo perder máis dun minuto. A primeira posición foi para a australiana Katie Kelly, que corre cunha guía que foi subcampioa olímpica, cun tempo de 01:17:33, mentres que segunda foi Susana Rodríguez (01:18:01) coa súa guía Mayalen Noriega.