Tras dobrar este ano o número de participantes na semana de portas abertas para os máis pequenos respecto a 2017, a tempada de pádel para adultos quedará inaugurada para todos os niveis: iniciación, intermedio e avanzado. A inscrición nelas só poderá facerse online e a inscrición remata 24 horas antes do comezo de cada clase.
O grupo de adestradores profesionais de Máis que Auga ofrecerán clases gratis para grupos, aplicando unha metodoloxía que permite aprender, mellorar ou prepararse para competir neste deporte. Os niveis están agrupados por cores de pas: blanca, amarela, laranxa, verde, azul, marrón e negra segundo as diversas habilidades de xogo dos usuarios.
Máis que Auga ofrece durante toda a tempada diversas modalidades de competición nas que os usuarios poden medir o seu progreso mesmo a nivel oficial, en probas federadas.
Alta participación nas xornadas para nenos
As xornadas de portas abertas para adultos comezarán despois de que se celebraran as correspondentes a nenos en días pasados, cun “récord de participación”. Os 102 participantes infantís tiveron ocasión de tomar contacto con este deporte a través da metodoloxía específica da academia de pádel, en sesións en grupo dirixidas por un técnico.
O grupo de adestradores profesionais do ximnasio ofrece a principios da tempada estas sesións adaptadas a todas as idades. Os rapaces e rapazas de entre 4 e 16 anos participan nas clases adestrando tanto habilidades deportivas como lúdicas, que favorece a aprendizaxe.
Para a maior parte dos participantes esta é a porta de entrada para participar posteriormente nos cursos regulares que ofrece Máis que Auga para os niveis iniciais: Pre Pádel ata os 6 anos, Mini Pádel entre 7 e 11 anos e Pádel Junior de 12 a 16 anos.