Esta competición ten un carácter amistoso e xuntará a 27 clubes de toda Galicia. Entre eles estarán os do sur da provincia de Pontevedra, como o Kayak Tudense, o Náutico de Cobres, o Vilaboa ou o Ría de Aldán. Ademais, tomarán a saída Teresa Portela, Rio Rodríguez, Iván Alonso, Tono Campos ou Diego Romero. En definitiva, unha participación de alto nivel para unha proba que conta con 340 participantes e que servirá de gran despedida da tempada. A cita é a partir das 11:00 horas.