O equipo español estivo formado por Inés Santiago, Antonio Serrat, Cecilia Santamaría e David Castro. Nesta competición cada un dos catro compoñentes de cada equipo realizou un mini-triatlon (250 metros de natación, 5 quilómetros de bicicleta e 1,6 quilómetros de carreira a pé) antes de entregar a testemuña ao seu compañeiro de equipo.
A galega Inés Santiago foi a primeira en saír e fixo un gran traballo ao dar o paso á Antonio Serrat na segunda posición e a só un segundo de Francia. Serrat non estivo moi cómodo na súa quenda e perdeu algunhas posicións aínda que traballou a fondo para non perder moito tempo. Así, pouco a pouco, os segundos perdidos foron recuperados primeiro por Cecilia Santamaría e despois por David Castro, que estivo espectacular.
Además, na pasada madrugada Inés Santiago acadou a cuarta posición no Mundial Júnior individual. A deportista galega loitou ata o final pola medalla de bronce, nun espectacular sprint coa coreana Hye Rim Jeong, pero non se puido subir ao podio. Lembremos tamén que Antonio Serrat foi vixésimo na proba individual sub-23. O triatleta vigués marchaba na segunda posición durante a carreira a pé, pero sufriu flato e non puido estar na loita polas medallas.