Foron todos eles partidos moi disputados, cun gran despregue de xogadas de calidade e con golpes moi espectaculares por momentos, que mantiveron en vilo ao numeroso público que enchía o espazo dispoñible na zona de pistas. Os 12 partidos das finais principais e as outras tantas de consolación celebráronse entre as 18:00 e as 21:00 da tarde, rematando a xornada cunha multitudinaria entrega de premios no exterior do centro Máis que Auga en Navia.
O que xa é o principal torneo da provincia, organizado polo Club de Pádel Barreiro e patrocinado por Pérez Rumbao Car, contou este ano cun total de 227 parellas, un total de 454 xogadores con encontros distribuidos entre o día 1 e o día 10 nas 16 pistas de pádel das instalacións de Máis que Auga.
CLASIFICACIÓN CATEGORÍAS PRINCIPALES
Categoría feminina 1: Paloma Lázaro / Raquel Seijo 6-3 / 6-2
Carla Barciela / Alicia Seijas Cali
Categoría masculina 1: Héctor Guisande / Ignacio Vilariño 6-4 / 7-6 (tie break)
Nico García / Fernando Clavario
Categoría mixta 1: Borja Díaz /Raquel Seijo 2-6 / 6-2 / 7-5 (tie break)
David Del Barrio / Álix Sánchez
Categoría alevín A: Lola Yan Otero Casa / Paula Quevedo 9-4
Gael Pequeño Cortés / Sergio Cañón Iglesias
Categoría infantil A: Denis Pequeño / Miguel Quirós 2-6 / 4-6
Carlota Rodríguez Yera / Marta Reguera Ríos



















