A iniciativa ofrece 1 hora de clase gratuíta, xogo e consellos, en sesións adaptadas por idades e niveis. No caso dos nenos estarán distribuídos en tres grupos de idade (4 a 6 anos, 7 a 11 anos e 12 a 16 anos); os adultos repartiranse en 3 niveis: iniciación, intermedio, avanzado.
A experiencia serve de toma de contacto sobre todo para os máis pequenos, nesta época en que inician o curso escolar con actividades complementarias, e tamén para adultos que proban o pádel por primeira vez.
A Academia de Pádel de Máis que Auga reúne toda a actividade sobre este deporte (información, competicións, cursos) e conta con adestradores oficiais que poñen en práctica unha metodoloxía para aprender, mellorar ou competir, adaptada por idade e nivel a todo tipo de usuarios.