O torneo desenvolverase do 1 ao 10 de xullo nas pistas de pádel de Barreiro e Navia, baixo a organización do Club Pádel Barreiro. É a competición de pádel máis numerosa da provincia de Pontevedra, con 420 xogadores de tódalas edades e categorías na edición do 2015. As inscricións para participar están abertas desde este martes nas instalacións de Máis que Auga.
O custo da inscripción é de 15 euros por participante e categoría e de 12 euros para a segunda inscrición e a categoría de menores. Pódense realizar a través da web www.máisqueauga.com, na sección de pádel e no cadro de competicións. O prazo para inscribirse finaliza o 27 de xuño. A partir dese momento publicarase, na web de Máis que Auga, o cadro de partidos e horarios.
A competición divídese en proba masculina, feminina, mixta e menores. Os encontros son ao mellor de tres sets con tie-break en todos eles.



















