Este xoves tivo lugar o acto de presentación do evento no que estiveron presentes, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o presidente da Federación Galega de Tríatlon, Óscar Surís; os concelleiros de Deportes de Vigo e Nigrán; o organizador Ricardo Martínez e representantes dos diferentes patrocinadores.
O programa de probas comezará o sábado 26 de setembro coa disputa do I Acuatlón Desafío Pastor Illas Cíes para menores, no que están inscritos un total de 144 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.
As distancias serán diferentes dependendo da categoría: para benxamín e alevín os deportistas terán que facer 500 metros de carreira, 200 de natación e 500 de carreira, mentres que os infantís farán 1.000–400–1.000 e as distancias para os cadetes serán de 1.500–500-1.500.
O domingo será a quenda dos maiores. Ás 08:30 horas darase a saída a os participantes masculinos do III Desafío -Campìonato Galego de Media Distancia- e cinco minutos despois sairán as chicas.
As distancias da proba son 1,9 quilómetros de natación, 90 quilómetros de bicicleta e 21,1 de carreira a pe, nun entorno privilexiado. Posteriormente (09:45 horas) darase a saída ao Campionato Galego de Acuatlón absoluto.