• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    jueves, 23 de marzo de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Judith Rodríguez: “Ir a unhas Olimpíadas é un soño desde que empecei na esgrima con 8 anos»

    A tiradora, que comezou hai moi pouco coa esgrima adaptada, volve competir despois de case tres anos de recuperación dende o grave accidente de tráfico sufrido en xuño de 2018
    Redacción por Redacción
    15 de Abr, 2021
    en Polideportivo
    0
    entrenamiento Máis que Auga
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A viguesa Judith Rodríguez incorpórase á familia de deportistas Máis que Auga. A tiradora, que comezou hai moi pouco coa esgrima adaptada, volve competir despois de case tres anos de recuperación dende o grave accidente de tráfico sufrido en xuño de 2018. Hai uns días asinouse o convenio de colaboración entre Máis que Auga e a deportista, polo cal a empresa aportará a súa axuda na preparación física e nutricional da deportista, mentres que Judith colaborará con Máis que Auga en accións de divulgación sobre a importancia da práctica deportiva.

    Judith xa comezou a súa preparación nas nosas instalacións, que curiosamente coñece moi ben porque en 2017 fixo en Máis que Auga Navia as prácticas de INEF. “Recordo que había moi bo ambiente de traballo e moi bos profesionais. Eles ensináronme como era o funcionamento da instalación por dentro para dar o mellor servizo aos clientes, foi unha experiencia que me serviu moito na miña aprendizaxe”, cóntanos a nosa tiradora. E agora, deportista Máis que Auga. “Afronto esta etapa con ganas e seguridade, porque ao coñecer como funciona, sei que estou en boas mans e que vai mellorar o meu rendemento grazas a ell@s”, manifestou.

    Judith comezou a facer esgrima cando tiña oito anos e neste deporte acadou grandes éxitos ata que estivo a punto de perder a vida nun grave accidente de tráfico en xuño de 2018. Como consecuencia do suceso perdeu parte da perna dereita e sufriu graves lesións nun brazo, das que aínda se está a recuperar. Hai uns meses, co seu brazo xa en mellores condicións, deu un paso adiante: “Empecei a facer esgrima adaptada en setembro, e acudín á miña primeira competición a finais de outubro”.

    A pesar de que Judith leva toda a vida facendo esgrima, hai bastantes diferenzas coa disciplina adaptada: “Antes realizaba os desprazamentos cos pés e en esgrima adaptada realízoos co tronco para alcanzar ao contrario. Aínda que unha das diferenzas que máis notei é a rapidez á hora de pensar as accións, xa que en esgrima adaptada estás moito máis preto do contrario e cando o árbitro di “adiante” tes a arma do contrario a pouca distancia. A zona de tocado na modalidade de florete e sabre é a mesma, en cambio en espada soamente podes tocar no tronco, e en esgrima de a pe podes tocar en todo o corpo”.

    Falar dos Xogos Paralímpicos de Tokyo para Judith é un soño, pero a pandemia mundial da Covid- 19, como en todo, fai cambalear todos os plans: “Ir a unhas Olimpíadas é un soño desde que empecei na esgrima con 8 anos. Fun preseleccionada pola miña federación pero este ano, coa pandemia, suspenderon as competicións internacionais e aínda non puiden sumar puntos. É un ano complicado para todas e todos”.

    Así, hai que ir paso a paso. O primeiro, a vindeira fin de semana: “Teño a III Proba de Campionato de España e gustaríame estar arriba do podio. En xuño temos unha Copa do Mundo en Polonia, pero pola situación mundial non sabemos con certeza se se celebrará. Gustaríame chegar ao 100 % e para iso quero mellorar a forma física e a técnica e táctica nos asaltos de esgrima”.

    Judith súmase así a familia Máis que Auga. Dende hai varios anos, esta empresa viguesa colabora, tanto con deportistas a nivel individual como con clubs, co obxectivo de acompañalos no seu día a día, nunha acción dentro da súa política de responsabilidade social corporativa. A empresa deportiva viguesa entende que todos eles representan os valores e a filosofía de Máis que Auga.

    Tags: EsgrimaJudith RodríguezMáis que Auga

    RelacionadosArtículos

    Récord de participación no Trofeo de Pádel Concello de Vigo, que comeza o día 1 de xullo
    Polideportivo

    Récord de participación no Trofeo de Pádel Concello de Vigo, que comeza o día 1 de xullo

    29 de Jun, 2022
    O Trofeo de Pádel Concello de Vigo abre inscricións co reto de chegar a 600 participantes
    Polideportivo

    O Trofeo de Pádel Concello de Vigo abre inscricións co reto de chegar a 600 participantes

    07 de Jun, 2022
    Público asistente en Máis que Auga ao WPT.
    Polideportivo

    O World Padel Tour volve a Vigo, gratis, esta fin de semana

    18 de Mar, 2022
    O equipo directivo de Máis que Auga recibe o premio á mellor xestión deportiva de Galicia
    Polideportivo

    O equipo directivo de Máis que Auga recibe o premio á mellor xestión deportiva de Galicia

    04 de Mar, 2022
    Máis que Auga acolle un seminario de defensa persoal feminina en Vigo
    Local

    Máis que Auga acolle un seminario de defensa persoal feminina en Vigo

    30 de Sep, 2021
    foto Mais que Auga
    Polideportivo

    Actividades gratis e xornadas de portas abertas en Máis que Auga

    24 de Sep, 2021

    Más Vistos

    Aitana renuncia a actuar este año en Castrelos, cuyo cartel está “prácticamente cerrado”

    Aitana renuncia a actuar este año en Castrelos, cuyo cartel está “prácticamente cerrado”

    por Redacción
    17 de Mar, 2023
    0

    El Camiño da Seara, en la ciudad de Vigo, es una zona pendiente de desarrollar urbanísticamente

    El Vigo que va desapareciendo

    por Julio Alonso
    16 de Mar, 2023
    0

    Detenida la presunta autora de la quema de vehículos de madrugada en Tui

    Detenida la presunta autora de la quema de vehículos de madrugada en Tui

    por Redacción
    20 de Mar, 2023
    0

    El nuevo Centro de FP de Ourense y viviendas de Vigo y Santiago, entre los premiados por el Colexio de Arquitectos

    Casa Tomada de Vigo, la mejor vivienda del año para el Colexio de Arquitectos de Galicia

    por Redacción
    18 de Mar, 2023
    0

    Acepta dos años de cárcel el conductor que se estrelló contra un muro, causando la muerte a su acompañante

    por Europa Press
    22 de Mar, 2023
    0
    Acepta dos años de cárcel el conductor que se estrelló contra un muro, causando la muerte a su acompañante
    Sucesos

    El conductor que se estrelló contra un muro en Vigo, causando la muerte de su acompañante, ha aceptado este miércoles

    Leer mas

    Morgan, Javiera Mena, Samantha Hudson y Morreo se suman al cartel del festival Vive Nigrán 2023

    por Redacción
    22 de Mar, 2023
    0
    Morgan, Javiera Mena, Samantha Hudson y Morreo se suman al cartel del festival Vive Nigrán 2023
    Música

    El cartel del festival Vive Nigrán crece con cuatro nuevas confirmaciones: Morgan, Javiera Mena, Samantha Hudson y Morreo. El evento,

    Leer mas

    Johab Art and Design apuesta por el Centro Comercial Camelias para su segunda apertura en Vigo

    por Redacción
    20 de Mar, 2023
    0
    Johab Art and Design apuesta por el Centro Comercial Camelias para su segunda apertura en Vigo
    Local

    El Centro Comercial Camelias sigue imparable en la inauguración de nuevos locales de comercio local. En los últimos seis meses

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR