20092019Vie
Última edición: Jue, 19 Sep 2019 7pm

DÍA DA MULLER

Mudegá repartirá doce premios ó deporte feminino

O prazo de presentación de candidaturas comeza hoxe e estará aberto ata o vindeiro 31 de marzo

08 Marzo 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
O Olivo é un dos mellores equipos de Galicia a nivel feminino./Foto: Jorge Castro. O Olivo é un dos mellores equipos de Galicia a nivel feminino./Foto: Jorge Castro.

O próximo día 22 de abril celebrarase no Concello de Allariz a IV Gala do Deporte Feminino en Galicia, na que se premiará ás mellores deportistas, técnicas, entidades, árbitras e clubs da pasada tempada (ano 2015).

Con este acto, Mudegá busca lograr a visibilidade do deporte feminino, un dos obxectivos principais do noso colectivo: Lograr que os éxitos do deporte feminino sexan recoñecidos pola sociedade e para iso é necesario ser visibles. O prazo de recepción de candidaturas está aberto dende o 8 de marzo (Día da Muller Traballadora) e finalizará o próximo 31 de marzo e poden presentar propostas federacións, concellos, institucións, medios de comunicación, clubs e persoas a nivel particular. Posteriormente estas candidaturas, que deben ser enviadas ao correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., serán analizadas por un xurado que será o encargado de decidir a quen se le outorgan os premios.

Os premios que imos entregar son os seguintes:

  1. Mellor directivo/a (máis comprometido/a co deporte feminino)
  2. Mellor deportista feminina
  3. Mellor deportista feminina con discapacidade
  4. Mellor deportista feminina promesa
  5. Mellor equipo feminino
  6. Medio de comunicación amigo do deporte feminino
  7. Premio á traxectoria
  8. Mellor árbitro ou xuíza
  9. Institución pública amiga do deporte feminino
  10. Entidade privada máis colaboradora co deporte feminino
  11. Mellor adestrador/a feminino
  12. Mellor iniciativa a prol do deporte feminino
Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

navidad 2019

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído