25082019Dom
Última edición: Sáb, 24 Ago 2019 10pm

Pádel

Semana de portas abertas para aprender a xogar a pádel en Máis que Auga

As clases, para nenos e adultos, se impartirán do 21 ao 26 de setembro nas instalacións de Barreiro e do 23 ao 29 en Navia

10 Septiembre 2015 por
Valora este artículo
(1 Voto)
As clases celebraranse tanto nas instalacións de Navia como nas de Barreiro. As clases celebraranse tanto nas instalacións de Navia como nas de Barreiro.

A Academia de Pádel Máis que Auga pon ao dispor dos seus clientes unha semana de portas abertas, na que tanto nenos como adultos poderán recibir clases de balde nas instalacións de pádel de Barreiro e Navia. As e os interesados poden inscribirse na páxina web da empresa (www.maisqueauga.com) dende este xoves e ata que se agoten as prazas gratuítas.

As persoas interesadas en recibir clases de balde en Máis que Auga Barreiro poderán facelo  entre os días 21 e 26 de setembro, mentres que os que prefiran Navia o realizarán entre o 23 e o 29 de setembro.

As clases gratuítas están dirixidas a todo tipo de público, tanto nenos como adultos, dende as persoas que nunca practicaron o pádel a aquelas que xa teñen un certo coñecemento do mesmo, que poden ter interese en acudir á Academia de Pádel de Máis que Auga.

A Academia fai unha forte aposta pola introducción do deporte do páden entre os nenos, incluíndo na tarifa do curso un torneo mensual de balde e creando equipos de competición para os máis pequenos. As clases teñen unha duración dunha hora, impartidas polos monitores da academia (todos eles titulados) e serán en horarios de mañá e tarde (durante os días laborais e o sábado). Durante a fin de semana haberá clases de adultos e nenos á vez, para que poidan acudir pais e fillos a clase xuntos. A inscrición debe realizarse de forma individual na páxina web de Máis que Auga, indicando idade, días e horarios preferentes, para poder organizar as clases.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

navidad 2019

transporte

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído