10122019Mar
Última edición: Mar, 10 Dic 2019 6pm

Taekwondo

Tania Castiñeira, do Hebe de Moaña, logra o bronce no Europeo cadete

Sumou este domingo a segunda medalla para Galicia nesta competición, que se disputou na localidade francesa de Estrasburgo. Bo papel de Aitana Santomé, do Patiño

05 Julio 2015 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Tania Castiñeira, no podio do Campionato de Europa cadete. /FGT Tania Castiñeira, no podio do Campionato de Europa cadete. /FGT

Magnífica actuación dos deportistas galegos no Campionato de Europa de Combate Cadete que se disputou estes días en Estrasburgo. Este domingo Tania Castiñeira, do club Hebe de Moaña, acadou o segundo bronce galego, mentres que Aitana Santomé, do Patiño, fixo unha moi boa competición, a pesar de non lograr unha presea.

Tania Castiñeira (+59, Hebe) librou a primeira rolda, para enfrontarse na segunda cunha durísima rival, a francesa Della Sassi, que o pasado ano lograra o subcampionato do mundo da categoría cadete en Azerbaián. Aínda así, a galega fixo un combate excepcional e superou á francesa por un claro 6-3 que lle garantía a medalla de bronce. Nas semifinais, Castiñeira caeu contra a deportista de Bosnia Adna Boric (12-5) e quedou fóra da final.

Pola súa banda, Aitana Santomé (-55, Patiño) superou no primeiro combate á turca Aydin Kubra por un rotundo (0-4). Na segunda rolda esperaba a taekwondista serbia Nadica Bozanic e ambas ofreceron un combate moi rifado e duro que tivo que decidirse na morte súbita e foi a favor da serbia. Bozanic logrou ao final o título de campioa de Europa Cadete en -55 quilogramos.

Aos resultados de hoxe, hai que sumarlle o bronce acadado por Unai Silva (Mace Sport) o sábado en -57 quilogramos.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

tráfico

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído