21092019Sáb
Última edición: Vie, 20 Sep 2019 7pm

Tríatlon

Antonio Serrat participará este sábado no tríatlon indoor Máis que Auga en Barreiro

A proba constará de 250 metros de natación na piscina do complexo deportivo, 10 quilómetros de bicicleta estática e 2,5 de carreira arredor das instalacións

08 Abril 2015 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Antonio Serrat, subcampión de Europa júnior de tríatlon, na piscina de Máis que Auga. Antonio Serrat, subcampión de Europa júnior de tríatlon, na piscina de Máis que Auga.

O próximo sábado 11 de abril o triatleta vigués Antonio Serrat (subcampión de Europa júnior de tríatlon) e Omar González (adestrador do Grupo de Alto Rendemento do Centro Galego de Tecnificación Deportiva) participarán nun tríatlon indoor que se celebrará nas instalacións de Máis que Agua Barreiro.

Os participantes terán que realizar 250 metros de natación, 10 quilómetros de ciclismo e 2,5 de carreira a pe e para iso utilizarase a piscina de Máis que Auga e as bicicletas estáticas existentes no centro, mentres que a carreira a pe realizarase polos exteriores do centro. A organización dispuso a proba en quendas de 12 persoas que farán o seu tríatlon, que se rexerá pola normativa para probas indoor da Federación Española de Tríatlon. A área de transición realizarase na zona do pádel, onde tamén estarán instaladas as bicicletas para a disputa deste segmento. Toda a proba, que comezará ás 16:00 horas do sábado 11 de abril, será controlada por xuíces.

Ao remate da competición (18:30 horas), o triatleta vigués Antonio Serrat e o adestrador de tríatlon Omar González ofrecerán unha charla/coloquio na que desvelarán algúns dos secretos do seu traballo. A continuación se desenvolverá a entrega de premios, na que haberá trofeos para os tres primeiros clasificados nas categorías masculina e feminina. No transcurso do devandito acto realizarase o sorteo de abonos e cursos gratuítos entre os participantes.
A empresa viguesa de xestión deportiva Máis que Auga inclúe esta actividade dentro do Programa de Dinamización Social que ten coma obxectivo prioritario ofrecer deporte en sociedade e familia.

Antonio Serrat é un dos catro deportistas galegos (Chano Rodríguez, Carlos Pérez Perucho, Susana Rodríguez e Antonio Serrat) cos que a empresa viguesa asinou un convenio de colaboración durante o presente ano. Serrat, en concreto, da un importante salto na súa carreira deportiva xa que por vez primeira competirá na categoría sénior. Na primeira proba importante do ano, a Copa de Europa de Quarteira, rematou na sétima posición.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

movilidad

navidad 2019

  • Últimas noticias

  • Más leído