11122019Mié
Última edición: Mar, 10 Dic 2019 9pm

A Deputación destina 110.000 euros a 47 entidades deportivas de Vigo

Concesión por concorrencia competitiva das subvencións dirixidas ás asociacións e clubs deportivos do concello de Vigo

01 Diciembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra. Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra.

Cun investimento de 110.329,47 euros, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión por concorrencia competitiva das subvencións dirixidas ás asociacións e clubs deportivos do concello de Vigo, destinadas ás actividades deportivas deste ano 2019.

En concreto, son 47 entidades deportivas de Vigo as que resultan beneficiarias destas axudas da institución provincial: a Agrupación Colexio El Castro, Agrupación Deportiva Club Sodim, Asociación Deportiva Sodim, Asociación Futevolei Vigo, Centro Veciñal e Cultural de Valladares, Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo, Club Baile Deportivo Pasos-Baile de Galicia, Club Bolos Valladares San Bartolomé, Club Bowling Celta, Club Centaurus Crosstraining, Club Ciclista Rías Baixas, Club Ciclista Vigués, Club de Billar Manhattan, Club de Campo de Vigo, Club de Lucha El Castro, Club Deportivo C.S.C.R. de Beade, Club Deportivo Coia, Club Deportivo Freestyle Slalom Vigo, Club de Remo Virgen de Guía, Club Kayak Vigo, Club Kuzushi, Club Maniotas, Club Minauta, Club Montañeiros Celtas, Club Piragüismo Olívico, Club Polideportivo Alertanavia, Club Remo Vigo, Club San Ignacio de Lucha, Club San Roque Casablanca, Club Voleibol Maniotas, Comesaña Sporting Club, Escuelas Deportivas Vigo 2015 Fútbol Sala, Federación Galega de Ciclismo, Federación Galega de Surf, Federación Galega de Badminton, Federación Galega de Bolos, Federación Galega de Loita, Federación Galega de Tenis, Federación Galega de Vela, Motoclub Mais Gas Gondomar Morgadáns, Pecheches F.S., Prado Surf Clube, Sociedade Deportiva Atletismo San Miguel de Oya de Vigo, Tu Meta Personal, Unión Balonmán Lavadores e Waka Wake Galicia.

En xeral, amais de Vigo, neste 2019 benefícianse destas axudas 242 entidades, 53 máis que o ano pasado, de 46 concellos diferentes da provincia. Para a concesión das subvencións tivéronse en conta criterios como o número de deportistas ou equipos participantes, ámbito territorial, número de xornadas, antigüidade e consolidación do evento, orzamento de gastos e ingresos do evento, achega económica da propia entidade ao financiamento do evento, interese turístico da actividade e promoción do deporte base, feminino e de persoas con diversidade funcional.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído