11112019Lun
Última edición: Lun, 11 Nov 2019 7pm

O vigués Miguel Barreiro, campión do mundo de Taekwondo Praia en freestyle

Fixo unha competición case perfecta

13 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Miguel Barreiro. Miguel Barreiro.

Miguel Barreiro (Yidam) logrou proclamarse en Exipto campión do mundo de Taekwondo Praia na modalidade de freestyle para máis de 17 anos.

Miguel Barreiro, do equipo Yidam, fixo unha competición case perfecta no Mundial de Taekwondo Praia e conseguiu o título graza a unha gran expresión, domiñando o tapiz e facendo unha interpretación musical moi superior ao resto.

"Antes de comenzar xa se atopou cun gran problema, xa que a organización lles comunicou que o free tiña que durar 100 segundos, cando no regulamento oficial da Federación Mundial puña que era de 70 segundos. Así que en só un día houbo que improvisar 30 segundos extras e, a pesar diso, o resultado foi incríble", sinalan desde a Federación Galega de Taekwondo.

Barreiro tivo que superar a uns contrincantes (dous tailandeses e dous alemáns) que, en principio, eran mellores ca el, pero pouco pudieron facer ante o gran traballo do vigués.

Clasificación:

1 Miguel Barreiro (Yidam)
2 Tailandia
3 Tailandia
3 Alemaña

Inicia sesión para enviar comentarios

ponteareas

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído