22102019Mar
Última edición: Lun, 21 Oct 2019 8pm

Aberto o prazo de inscrición para a Deporuta BTT pola costa de Cangas

Esta última proba, que se celebrará o 27 de outubro, conta cun percorrido circular de 36 quilómetros, será totalmente gratuíta e terá un máximo de 300 participantes

08 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha Deporuta BTT anterior. Unha Deporuta BTT anterior.

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na DepoRuta BTT de Cangas que organiza a Deputación de Pontevedra por terceiro ano consecutivo. Deste xeito, as persoas interesadas en participar nesta actividade, que terá lugar o 27 de outubro, deberán ter un mínimo de 16 anos e poderán facelo, de maneira totalmente gratuíta, a través da web www.depo.gal ata o vindeiro 23 de outubro.

A ruta ten un percorrido circular de case 36 quilómetros e partirá ás 10:30 horas da antiga fábrica de conservas de Massó. Dende alí comezan os primeiros quilómetros que discorren por sendeiros a pé de mar que levan ás praias de Liméns e Nerga. A continuación, as e os participantes irán ata Cabo Home ou a praia de Melide, dende onde poderán desfrutar dunhas vistas da ría de Vigo e das illas Cíes. A ruta de Cangas discorre por un entorno natural privilexiado, a chamada Costa da Vela.

Esta é a última das DepoRuta BTT da Deputación. Deste xeito, a institución provincial organizou este ano un total de cinco actividades deste tipo, que saíron dende Meis, Silleda, Nigrán, Salceda de Caselas e, nesta ocasión, Cangas. Esta iniciativa está estreitamente vinculada co turismo medioambiental, coa sustentabilidade e coa posta en valor do territorio, tanto da costa como do interior da provincia.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído