25082019Dom
Última edición: Dom, 25 Ago 2019 9am

tenis

O Mercantil de Vigo acollerá o LXXX campionato Galego absoluto de tenis

Tamén campionato Galego Benxamín de tenis e unha proba do circuíto Babolat de tenis Alevín, Infantil, Cadete e Júnior

19 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Presentación da proba. / Foto: Xunta Presentación da proba. / Foto: Xunta

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou este xoves o LXXX campionato Galego absoluto, X Memorial Antonio Santorio, xunto co campionato Galego Benxamín de tenis e unha proba do circuíto Babolat de tenis Alevín, Infantil, Cadete e Júnior que terán lugar no Círculo Mercantil de Vigo desde mañá, 19 de xullo.

O Campionato Galego reunirá un total de 324 inscritos sendo o evento de tenis galego máis importante do ano. O evento está organizado pola Federación Galega de tenis e conta co apoio da Xunta de Galicia. No campionato póñense en xogo entre outros, os títulos absolutos feminino e masculino individual, títulos que determinan aos dous mellores xogadores galegos do ano. En categoría feminina parten como favoritas as cabezas de serie Uxia Martínez e Carla do Barrio mentres que en masculino hai grandes nomes propios como Roberto Rodríguez, Tomás Currás, David Cao, Rodrigo Figueroa, Rafael Izquierdo, Simón Arca e Luís Fernández Labarta.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

transporte

celta

sucesos

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído