22092019Dom
Última edición: Sáb, 21 Sep 2019 9pm

O Trofeo UVigo de Orientación trasládase aos areais cangueses de Barra e Nerga

Celebrarase o día 15 deste mes e agárdase a participación de preto de 400 persoas

07 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Cartaz da proba. Cartaz da proba.

n 2008, o Servizo de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo levantou un plano de carreiras de orientación nos areais de Barra e Nerga, situados no Concello de Cangas. Non obstante, non será ata este ano cando o Trofeo Universidade de Vigo de Orientación se poida celebrar por primeira vez neste enclave.

A cita será o día 15 deste mes de xuño e a Sección de Orientación da Universidade agarda a participación de arredor de 400 corredores e corredoras. Esta competición cumpre así a súa maioría de idade, 18 edicións, e celébrase tamén como Trofeo Vila de Cangas dentro da XXVIII Liga Galega de carreiras de orientación, coincidindo coa terceira proba da I Liga Interrexional Galicia-norte de Portugal.

José Luis Armada, responsable da sección de Orientación da Universidade, lembra que neste plano xa se teñen celebrado varias competicións da Liga Galega e Campionatos Ibéricos, organizados por diferentes clubs galegos, pero esta é a primeira vez que acolle o Trofeo Universidade de Vigo. Destaca a “riqueza deste plano no concernente as diferentes habilidades que ten que desenvolver o orientador, dende concentración e elección de ruta, ata unha moi boa lectura do plano”.

Entre bosque, prados, viñedos e dunas
Trátase dun percorrido de contrastes, xa que o mapa consta de diversas tipoloxías de terreos, con zonas de piñeiral areoso que se estenden dende a beira do mar por áreas sensiblemente planas e micro releve ata zonas de ladeira con desnivel moderado onde se produce unha transición a bosque atlántico con vexetación rastreira. Nalgunhas zonas de ladeira e costa aparecen formacións rochosas importantes nas que se poden atopar tamén zonas de cultivo e viñas de carreira rápida e áreas abertas de vexetación rastreira que dificulta a carreira.

Na pasada edición a cita universitaria contou coa participación de 320 corredores e corredoras e, para esta ocasión, agardan contar con arredor de 400. Os percorridos, 14 en total, apunta Armada, “porán a proba todas as habilidades das persoas participantes” e destaca os diferentes cambios de dirección, o terreo dunar e areoso e engade que os diferentes cambios de tipoloxía de terreo (bosque, prados, viñedos, dunas) farán precisos cambios continuos de lectura e interpretación do plano “que non deixará a ningún corredor indiferente poñendo todas as capacidades de concentración e lectura a proba”.

A data límite para a inscrición é este domingo 9 de xuño ás 22.00 h e os trámites deberán ser realizados a través da páxina web da Federación Galega de Orientación. Os prezos varían entre os 7€ para as persoas federadas e as que participen na carreira de iniciación curta ou os 9€ para os que escollan iniciación longa.
A entrega de tarxetas comezará ás 09.30 horas e a saída do primeiro participante será ás 10.30 h, para entregar os premios a partir das 14.15 horas.

1 comentario

  • Alba Martes, 11 Junio 2019 00:52 publicado por Alba Enlace al Comentario

    Unha das aves máis ameazadas de Galicia, a píllara das dunas (Charadrius alexadrinus), habitante de zonas areosas costeiras, é unha ave limícla en perigo de extinción na nosa terra, e a súa poboación seguramente non pase do medio cento de parellas. Por este feito foi declarada ave do ano 2019 por Seo/Birdlife.
    Por todo isto deberíamos protexer o seu hábitat durante a época de cría (que é agora) con todos os medios ao noso alcance e a Universidade de Vigo debería, por tanto, tomar consciencia disto e trasladar o lugar de celebración do trofeo UVigo.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

navidad

navidad 2019

  • Últimas noticias

  • Más leído