25052019Sáb
Última edición: Sáb, 25 May 2019 9am

Seiscentas persoas celebran en Máis que Auga o Día Mundial da Actividade Física

Abriu as portas dos seus centros de forma gratuíta para todas aquelas persoas que, previamente, se apuntaran a través da web

06 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Abel Caballero, este sábado no Máis que Auga. / Foto: Concello de Vigo Abel Caballero, este sábado no Máis que Auga. / Foto: Concello de Vigo

Máis de seiscentas persoas celebraron nas instalacións de Máis que Auga o Día Mundial da Actividade Física con actividades orientadas a toda a familia nunha xornada de libre acceso. Tampouco quixo perderse este conmemoración o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que se sumou á iniciativa de Máis que Auga, coma sempre co máximo entusiasmo.

Máis que Auga abriu as portas dos seus centros de forma gratuíta para todas aquelas persoas que, previamente, se apuntaran a través da web. Ademais da posibilidade de ter acceso libre ás instalacións de auga e sala dos centros de Barreiro, Coia e Navia, a empresa ofreceu 20 actividades dirixidas polos seus técnicos, moitas delas orientadas a toda a familia. Así puideron facer pilates, zumba en familia, body combat, adestramento de traballo aeróbico na auga, ximnasia na auga en familia ou unha clase de pádel.

Ademais, a empresa ofreceu un servizo de ludoteca infantil a partir dos 3 anos para que nais e pais puideran participar nas actividades de adultos coa tranquilidade de saber que os máis pequenos estaban xogando e atendidos. 

O obxectivo desta celebración era que os vigueses e viguesas coñezan os beneficios do deporte en primeira persoa e poidan dar con aqueles exercicios que mellor se adapten ás súas necesidades.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo

televisión

obras

vigo en festas

  • Últimas noticias

  • Más leído