20062019Jue
Última edición: Mié, 19 Jun 2019 8pm

O DepoDesafío 2019 remata cun tríatlon en Vigo e pon en xogo catro prazas para Berlín

A gañadora e o gañador da clasificación xeral, que percorrerá cinco concellos da provincia, serán obsequiados cun dorsal na proba xermana, voo e o hotel

20 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha proba do DepoDesafío do ano pasado. / Foto: Deputación de Pontevedra Unha proba do DepoDesafío do ano pasado. / Foto: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra pon en marcha de novo o DepoDesafío cun formato no que se volverán a combinar varias disciplinas como a carreira a pé, o ciclismo BTT, a travesía a nado, o trail ou o tríatlon. Esta segunda edición terá cinco probas, a primeira en maio e a última en outubro.

O día 4 de maio levarase a cabo unha carreira nocturna a pé de aproximadamente 15 quilómetros en Vilagarcía de Arousa; unha proba BTT de arredor de 35 quilómetros nas Neves o domingo 9 de xuño; unha travesía a nado en Poio de 1.500 metros o primeiro fin de semana de xullo; un trail en Cuntis de aproximadamente 15 quilómetros o primeiro fin de semana de setembro; e un tríatlon en distancia sprint en Vigo durante a primeira quincena de outubro.

Este mesmo xoves abrirase na web da Deputación de Pontevedra o prazo de inscrición para participar nesta competición.  Este ano poderán participar persoas maiores de 16 anos e cada proba terá un máximo de 500 participantes e novamente a gañadora e o gañador da clasificación xeral serán obsequiados cun dorsal para participar na maratón de Berlín, o voo e o hotel, como conseguiron o ano pasado Ariana González e Brais Misa.

A persoa gañadora da clasificación xeral do DepoDesafío 2019 será a que acumule máis puntos unha vez celebradas todas as probas, tendo en conta só os catro mellores resultados máis o bono de 50 puntos por participar nas 5 probas.

No circuíto DepoDesafío 2019 só haberá categoría absoluta feminina e masculina. Pola súa banda, nas probas individuais, ademais da clasificación en categoría absoluta, establecerase unha clasificación en categoría sub-21 e unha en categoría veterana (40 anos ou máis). Outra das novidades deste ano é que sortearanse entre todos os e as participantes dous paquetes da maratón Berlín e para as e os deportistas que rematen as 5 probas haberá un premio ‘finisher’.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

san juan

obras

serie

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído