22052019Mié
Última edición: Mar, 21 May 2019 10pm

O rocódromo do campus universitario acolle cursos de iniciación á escalada

Cun custe de 10 euros ao mes, as clases serán os sábados pola mañá

23 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O rocódromo do campus vigués. / Foto: Duvi O rocódromo do campus vigués. / Foto: Duvi

No marco do convenio de colaboración asinado pola Área de Benestar, Saúde e Deporte co Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia, o rocódromo do campus da Universidade de Vigo acollerá nos vindeiros meses un curso de iniciación á escalada. O obxectivo é achegar á comunidade universitaria a este deporte, poñendo á súa disposición tanto as instalacións como o material e os coñecementos precisos para iniciarse na súa práctica.

As clases están destinadas ás fillas e fillos dos membros da comunidade universitaria, entre os 12 e os 16 anos e desenvolveranse durante os meses de febreiro, marzo e abril todos os sábados de 11.30 a 13.30 horas.

O prezo da actividade é de 10 euros por persoa e mes. Nas xornadas, os rapaces e rapazas participantes adquirirán coñecementos básicos que lles permitan iniciarse na práctica da escalada en rocódromo, tomar contacto co material preciso, coñecer as medidas de seguridade, as técnicas, os tipos de ancoraxes e os agarres cos que contan as paredes do rocódromo.

O número de prazas é limitado e o prazo de inscrición está aberto dende o día 15 de xaneiro para todas e todos os interesados.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

el tiempo

  • El calor ya tiene fecha de regreso en Vigo
    El calor ya tiene fecha de regreso en Vigo Tras varias jornadas debatiéndose entre nubes y claros y con temperaturas que no logran alcanzar los 20 grados, Vigo experimentará un cambio de tendencia con la llegada del fin de semana. La subida de los termómetros será progresiva pero se…
    Leer más...

conflicto laboral

solidaridad

  • Últimas noticias

  • Más leído