18062019Mar
Última edición: Mar, 18 Jun 2019 10pm

Máis que Auga pon en marcha en Vigo o seu plan Erasmus

O complexo deportivo lanza 30 prazas de balde para as persoas que voluntariamente se presenten ao plan

16 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Sala 'fitness'. / Foto: Máis que Auga. Sala 'fitness'. / Foto: Máis que Auga.

Máis que Auga vén de impulsar en Vigo a implantación dun programa europeo para introducir o deporte na práctica habitual dos adultos inactivos ou sedentarios. O plan denomínase ‘Let’s be Active’ (sexamos activos, na súa tradución do inglés) e está promovido pola Unión Europea dentro do plan Erasmus+ e pola Fundación España Activa, co obxectivo de mellorar os hábitos de mozos e maiores.

Máis que Auga lanza 30 prazas de balde para as persoas que voluntariamente se presenten ao plan, 10 en cada un dos centros de Barreiro, Coia e Navia. Durante a súa iniciación no programa, os participantes estarán asesorados polos profesionais do complexo para comezar na súa andaina cara hábitos de vida saudables a través do deporte.

A colaboración de Máis que Auga en Vigo co Erasmus+ e a Fundación España Activa céntrase en mudar os hábitos sedentarios das persoas que participan no proxecto, poñendo ao seu servizo un protocolo de iniciación ao deporte con adestradores para que comecen a facer exercicio físico nas súas instalacións de xeito gratuíto durante un mes.

A actividade de todos os participantes estará monitorizada e guiada a través da aplicación ‘Let’s be Active’, que lles enviará constantemente mensaxes de motivación e apoio. A app permitirá aos participantes coñecer os progresos ao remate da iniciativa, tanto despois do primeiro mes de exercicio, como nos seis meses seguintes, para saber se a súa experiencia conseguiu o obxectivo de activalos.

‘Let’s be Active’ é unha iniciativa para impulsar a actividade física en Europa, que ten como fin conseguir que 60.000 adultos inactivos de 8 países comecen a activarse para alcanzar unha vida máis saudable e plena.

Como participar no proxecto
Calquera persoa inactiva que desexe iniciarse no exercicio físico, pode enviar os seus datos dende hoxe a través da páxina web de Máis que Auga (www.maisqueauga.com) para solicitar a participación no programa, indicando a súa persoa de contacto entre os 20.100 socios de Máis que Auga.

O primeiro adestramento será o vindeiro 30 de xaneiro. Ao longo dun mes, afianzará distintas rutinas de exercicios nas salas ‘fitness’ dos centros, nas clases dirixidas, entre as que se encontran zumba, ‘bodypump’ ou bicicleta, e tamén nas súas piscinas.

1 comentario

  • Josefina Fernández campos Miércoles, 16 Enero 2019 16:48 publicado por Josefina Fernández campos Enlace al Comentario

    me gustaría participar en vuestro proyecto

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

furtivismo

festival

sucesos

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído