22052019Mié
Última edición: Mar, 21 May 2019 10pm

Trofeo Cidade de Vigo de karate

Bouzas acolle este sábado o Trofeo Cidade de Vigo de karate

A organización confirmou a participación duns 80 karatekas, dende categoría infantil a sénior, nas modalidades de kata e kumite (masculina e feminina) e kobudo (por equipos mixta)

29 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O evento foi presentado este xoves. / Foto: Concello de Vigo O evento foi presentado este xoves. / Foto: Concello de Vigo

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou este xoves o Trofeo Cidade de Vigo de karate, que se celebra este sábado (17:00 horas, Pavillón Pablo Beiro de Bouzas) que un ano máis patrocina o Concello e organiza a Asociación Deportiva Zanshin.

Acompañado polo presidente da Asociación Deportiva Zanshin, Fernando Álvarez, e os karatekas sénior Óscar Sánchez, Sheila Álvarez e Sergio Pérez, ademais do xuíz Alfonso Rodríguez, o concelleiro pediu á cidadanóa que se achegue ao campionato, que terá entrada de balde. "É un evento que vai encher de alegría, paixón e ilusión o polideportivo boucense", sostivo Fernández.

A organización confirmou a participación duns 80 karatekas, dende categoría infantil a sénior, nas modalidades de kata e kumite (masculina e feminina) e kobudo (por equipos mixta), con presenza de entidades deportivas de Galicia, Madrid, Asturias e Cantabria entre clubs e colexios. "É un novo chanzo para a difusión e promoción do karate en Vigo", afirmou o concelleiro.

Fernando Álvarez, presidente da asociación viguesa, lembrou que o evento, iniciado no ano 2000, cumpre a súa maioría de idade nesta vixésima edición (houbo dous nun mes ano). E faino coa boa nova da recuperación de Sheila Álvarez para a competición.

Ademais do Zanshin, do Okinawa e do Traviesas e dos colexios San Salvador de Teis e Compañía de María, competirán o Lorenzo Parra (Madrid), Shotokan (Santander), Shotokan (Oviedo) e Mizukami (Ribadavia).

"Cada ano tentamos ser un pouquiño mellores", sinalou Álvarez. Tódalas modalidades disputaranse por sistema de liguiña e o dirixente aposta polos seus karatekas para revalidar título (Óscar Sánchez, kumite) e para gañalo (Sheila Álvarez, kata).                               

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

el tiempo

  • El calor ya tiene fecha de regreso en Vigo
    El calor ya tiene fecha de regreso en Vigo Tras varias jornadas debatiéndose entre nubes y claros y con temperaturas que no logran alcanzar los 20 grados, Vigo experimentará un cambio de tendencia con la llegada del fin de semana. La subida de los termómetros será progresiva pero se…
    Leer más...

conflicto laboral

solidaridad

  • Últimas noticias

  • Más leído