22092019Dom
Última edición: Dom, 22 Sep 2019 5pm

A Universidade de Vigo quere converterse na máis saudable de España

A institución académica fai unha chamada a participar na primeira Olimpiada Online InterUniversidades, na que os participantes sumarán quilómetros nunha contorna lúdica na que se premian os bos hábitos

14 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Xente facendo deporte no campus. / Foto: DUVI Xente facendo deporte no campus. / Foto: DUVI

A Universidade de Vigo participará as vindeiras semanas –do 19 de novembro ao 16 de decembro- na primeira Olimpiada Online InterUniversidades, unha iniciativa coorganizada pola Red Española de Universidades Saludables (REUS) e a Fundación Mapfre e dirixida a diminuír o sedentarismo e a promover hábitos saudables entre a comunidade universitaria.

As persoas que se sumen a este particular reto terán que sumar os seus quilómetros de actividade física para intentar situar a Vigo como a universidade máis saudable de España.

O principal obxectivo desta iniciativa, na que participan 16 universidades de todo o territorio nacional, é moverse, xa sexa camiñando, correndo ou en bicicleta, establecendo diferentes recompensas diarias para reforzar ese cambio de hábitos. “Non importa o momento nin o lugar no que realizar a actividade. En bici, camiñando, correndo, subindo escaleiras... todo vale para poder avanzar e ir sumando quilómetros e queimando calorías”, explican desde a organización.

Aberta á participación do alumnado, de docentes e investigadores e persoal de administración e servizos, as persoas interesadas en participar teñen que inscribirse na web habilitada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte para levar a cabo este particular desafío, unha plataforma en liña na que se reta aos usuarios e usuarias a levar unha vida saudable a través de diversas actividades como xogos, rankings ou competicións en liña, así como un calendario persoal no que ir vendo os logros ou un blog con consellos sobre saúde e nutrición.

Premios por universidades e individuais
Nesta primeira edición da olimpíada a organización establecerá un reto colaborativo conxunto (“por exemplo dar a volta ao mundo”)  que tentará facerse realidade entre todas as institucións participantes, establecéndose diferentes categorías de gañadores por universidades e individuais: primeiro, segundo e terceiro posto por cada categoría (correndo, andando e en bicicleta); primeiro, segundo e terceiro para muller entre todas as universidades por cada categoría, e primeiro, segundo e terceiro para home entre todas as universidades por cada categoría.

Ademais si se supera o reto desde a Fundación Mapfre realizarán unha doazón económica a un dos dous proxectos cos que colaboran desde a súa Área de Acción Social. En concreto, as persoas participantes poderán elixir entre o proxecto ‘Vidas cruzadas’ e ‘Cuenta con nosotros’, quedando repartido o premio económico entre as diferentes asociacións coas que se traballa no proxecto que resulte gañador.

Inscrición web e seguimento a través do móbil
Aquelas persoas que desexen participar neste reto deben inscribirse na súa plataforma web e, a partir de aí, simplemente conectar o seu teléfono móbil ou aplicación de monitorización de actividade física que acostumen empregar (Strava, Endomondo, Runtastic, Googlefit e Garmin, entre outras). “Deste xeito, o usuario só terá que sincronizar o seu móbil”, recalcan desde a organización.

O reto arrancará o vindeiro luns e ata o 16 de decembro as persoas que se animen a participar irán sumando quilómetros nunha contorna lúdica na que se premian os bos hábitos, se dan consellos saudables e se motiva a seguir avanzando. Cada persoa que se inscriba terá acceso privado á plataforma e, a maiores, poderase facer o seguimento do ranking por universidades, dando incluso a posibilidade de filtrar por departamentos, facultades... “creando unha competición interna e motivando aínda máis a todos e todas as participantes”.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

navidad

navidad 2019

  • Últimas noticias

  • Más leído