22112019Vie
Última edición: Vie, 22 Nov 2019 1pm

Vigo copa o Campionato de España de Exhibición grazas ao Tao e o Yidam

Os clubes olívicos acapararon os primeiros postos nas categorías absoluta e cadete

06 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
David Meilán, nunha exhibición. / Foto: Federación Galega de Taekwondo David Meilán, nunha exhibición. / Foto: Federación Galega de Taekwondo

Os clubes galegos seguen dando alegrías, e esta fin de semana sumaron novos éxitos no Campionato de España de Exhibición en categorías absoluta e cadete, que se disputou en Pontevedra. Os podios foron completamente galegos e concluíron con vencedores vigueses. O Tao foi campión na categoría adulta e o Yidam-CEIP Balaídos, na cadete.

En adultos repetiuse o mesmo podio do Campionato Galego, o cal amosa o poderío do taekwondo autonómico na modalidade de exhibición. Así, proclamouse campión de España o Tao Clínica Luís Vilas de Vigo, que estreou coreografía para este evento, que representaba como un deportista ten que levantarse tras unha caída.

Ademais, o Tao contou coa novidade da reincorporación á alta competición de David Meilán, sete anos despois. David foi o encargado de pechar o exercicio cunha acrobacia da máxima dificultade. O subcampionato foi para o Yidam-CEIP Balaídos, a só unha décima do primeiro, nunha moi apertada final. Ademais, o Mace Sport de Pontevedra e o Olimpic de Vilagarcía, acadando o bronce.

Na categoría cadete houbo cambio de posicións, ao lograr o Yidam, cunha execución espectacular, o título por diante do Tao, que foi segundo. A exhibición vencedora chámase ‘Los guardianes de Almas’ e representa a uns gardiáns que teñen que impedir que unha almas divertidas se desmadren. Durante todo o proceso da coreografía os gardiáns tratan de controlar ás almas ata que ao final conségueno.

A prata foi para o Tao, nun exercicio que representaba o traballo en equipo, mentres que os bronces foron para o Mace Sport e o Natural Sport Sada.

Desta forma viviuse en Pontevedra unha nova xornada de éxito para o taekwondo galego, cun dominio absoluto dos nosos clubs e a posibilidade de gozar deste marabilloso espectáculo na casa.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

ocio

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído