15092019Dom
Última edición: Dom, 15 Sep 2019 5pm

Pádel

A escola de pádel de Máis que Auga celebra unha semana de portas abertas

Impartiranse clases gratuítas para nenos e adultos entre os días 12 e 18 de xaneiro en Barreiro

08 Enero 2015 por
Valora este artículo
(1 Voto)

A escola de pádel de Máis que Auga celebrará do 12 ao 18 de xaneiro a "Semana de portas abertas", na que tanto nenos como adultos poderán recibir clases de balde nas instalacións de Barreiro. As e os interesados so teñen que inscribirse na páxina web do centro deportivo (www.maisqueauga.com) canto antes porque son prazas limitadas.

Con esta actividade, Máis que Auga pretende dar a coñecer un deporte que conta cada vez con máis seguidores dentro da poboación viguesa, principalmente como unha actividade de ocio. Estas clases están dirixidas a todo tipo de público, dende as persoas que nunca practicaron o pádel a aquelas que xa teñen un certo coñecemento do mesmo, que poden ter interese en acudir á escola. As clases terán unha duración dunha hora, impartidas polos monitores da escola (todos eles titulados) e serán en horarios de tarde (durante os días laborais) e mañá e tarde (sábados e domingos).

Durante a fin de semana haberá clases de adultos e nenos á vez, para que poidan acudir pais e fillos a clase xuntos. A inscrición debe realizarse de forma individual na páxina web de Máis que Auga, indicando idade, días e horarios preferentes, para poder organizar as clases. Esta actividade xa se celebrou en anos anteriores, con máis de 200 participantes, polo que este ano Máis que Auga decidiu ampliar o número de prazas e horarios para acoller a máis interesados.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

televisión

empleo

  • Últimas noticias

  • Más leído