21052019Mar
Última edición: Mar, 21 May 2019 10pm

Tríatlon

O tudense Gustavo Rodríguez, campión de España de longa distancia en Pontevedra

Saleta Castro logrou a medalla de prata na proba feminina, con Anna Noguera como campioa

26 Agosto 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Gustavo Rodríguez, xunto os outro triatletas que completaron o podio. / Foto: Fegatri Gustavo Rodríguez, xunto os outro triatletas que completaron o podio. / Foto: Fegatri

O tudense Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) e Anna Noguera proclamáronse este sábado en Pontevedra campións de España de Tríatlon de Longa Distancia. Ademais, hai que destacar a medalla de prata da pontevedresa Saleta Castro (Cidade de Lugo Fluvial) na súa casa e o cuarto posto de Cristóbal Dios, que quedou moi preto das medallas.

A proba comezou a primeira hora da mañá con moitos afeccionados pendentes da saída para animar aos valentes triatletas e de forma moi especial aos de casa. Dende o inicio, os galegos estiveron nas primeiras posicións.

Así, da auga saíu na primeira posición Iván Cáceres, galego aínda que afincado en Madrid por motivos laborais. Esta vez nin a natación se lle fixo moi costa arriba para Gustavo Rodríguez, que logrou un magnífico parcial e non perder moito tempo, chegando á T-2 na cuarta posición.

E tralos 3 quilómetros de natación, chegou o momento de coller a bicicleta para facer 116 quilómetros. Pero Gustavo non esperou moito para poñerse en cabeza. No quilómetro 10 da bicicleta xa era líder e pouco a pouco foi incrementando a distancia sobre un dos favoritos, Ander Okamika, que non quería deixarlle escapar.

O tudense logrou así chegar a segunda transición con case seis minutos de distancia sobre o segundo e moita comodidade sobre o terceiro. Aínda faltaban trinta quilómetros de carreira a pe que se fixeron moi duros tanto para Gustavo como para o resto dos participantes, co sol en todo o alto.

Pero as gañas poden máis e así Gustavo Rodríguez logrou entrar en meta na primeira posición e proclamarase campión de España cun tempo de 5:47:47. Ander Okamika, que recortou distancias na carreira a pe, logrou o subcampionato cun tempo de 5:50:46. A terceira posición foi para Pello Osoro (5:54:01), mentres que o galego Cristóbal Dios quedou a só un pasiño do podio, ao chegar a meta na cuarta posición (05:58:16). Iván Cáceres foi noveno (6:06:28).

Gustavo explicou que sufriu un pouco de máis na carreira, na que tivo problemas estomacais, pero “estas cousas suceden na longa distancia, non pode ser todo fácil”, chanceou. Sobre o Mundial do próximo ano, o campión de España manifestou que “o Mundial sempre é especial para min, pero no 2019 moito máis porque se celebra en Pontevedra, a cidade na que me formei como deportista, a miña segunda casa”.

Na proba feminina, Saleta Castro estivo sempre en posicións de podio, pero nada puido facer ante a fortaleza de Anna Noguera que logrou poñerse en cabeza mediada a primeira volta do ciclismo e xa non se baixou de aí.

Na natación a máis forte foi Helene Alberdi, mentres que Anna Noguera -campioa de España de longa distancia 2017- quedaba un pouco descolgada e Saleta Castro era terceira na saída da auga. Pero na bicicleta, Noguera enseguida alcanzou a Saleta, que xa se colocara en cabeza, e como tiña un punto máis de forza, decidiu superala cando levaban a metade da primeira volta de ciclismo.

A partir de entón, as posicións quedaron bastante definidas, con Noguera na primeira posición; Saleta, segunda e Dolça Olle (que tivo algúns problemas na natación), na terceira tras superar a Helene Alberdi. A carreira a pe foi dura e as posicións non mudaron. A propia Saleta recoñecía ao chegar a meta que “no único no que pensaba era en chegar a meta como fose, non me importaba a posición”. Así, Anna Noguera revalidou o título de campioa de España cun tempo de 6:25:10, mentres que Saleta Castro foi prata (6:34:36) e Dolça Olle, bronce (6:49:00).

A campioa de España enxalzou o percorrido deste campionato de España, de forma moi especial o da carreira a pe, “xa que descorría primeiro por unha paraxe moi fermosa, xunto ao río, e con árbores e despois polo centro histórico, con moita xente animando dende a rúa”. Tanto ela coma Saleta destacaron a calor desprendida polo público durante a proba, “algo que non soe suceder nas carreiras de longa distancia, nas que normalmente unha gran parte do percorrido faise por carreteiras sen público”, indicou Saleta. A galega rematou facendo un chamamento ao seleccionador para poder competir en Pontevedra o próximo ano: “É algo que non depende de min, por iso quixen competir hoxe no Campionato de España, para que o seleccionador me teña en conta cara a Pontevedra 2019”.

Na clasificación por clubs, o Tri-Penta Terras de Lugo proclamouse campión de España na categoría masculina e o Cidade de Lugo Fluvial, na feminina.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

el tiempo

  • El calor ya tiene fecha de regreso en Vigo
    El calor ya tiene fecha de regreso en Vigo Tras varias jornadas debatiéndose entre nubes y claros y con temperaturas que no logran alcanzar los 20 grados, Vigo experimentará un cambio de tendencia con la llegada del fin de semana. La subida de los termómetros será progresiva pero se…
    Leer más...

conflicto laboral

solidaridad

  • Últimas noticias

  • Más leído