20032019Mié
Última edición: Mié, 20 Mar 2019 1pm

O Campionato de Vigo de Tenis apúntase á tradición de Wimbledon

O torneo, que durante dúas semanas reunirá ás mellores raquetas de Galicia en Samil, esixirá xogar de branco

20 Agosto 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Roberto Rodríguez (i) e Miguel Casal (d.), nunha edición anterior co xuíz de silla Manuel Franco (c.). / Foto: CTV Roberto Rodríguez (i) e Miguel Casal (d.), nunha edición anterior co xuíz de silla Manuel Franco (c.). / Foto: CTV

A 77ª edición do Campionato de Vigo de Tenis-IX Memorial Antonio Santorio, que comezou a disputarse este luns no complexo deportivo municipal de Samil e se prolongará ata o vindeiro domingo 2 de setembro, contará con máis de 300 participantes. Ademais, o evento aínda ten aberta a inscrición para os cadros de dobres, polo que haberá máis dos 200 partidos xa previstos entre as diferentes categorías, que van desde benxamín a veteranos.

O torneo recibirá a un gran número das mellores raquetas de Galicia. Por terceiro ano consecutivo, o trofeo pon en xogo dous ensaladeiras doadas polo Concello e a organización esixe xogar de branco “porque queremos recuperar algunhas tradicións”, segundo explicou Pablo González, director do campionato, que de novo ten carácter solidario -cada xogador entrega un quilo de comida-.

Entre os tenistas que competirán polo título estarán Roberto Rodríguez, Lolo Santomé, Uxía Martínez, Carla del Barrio ou Tomás Currás. Rodríguez e Martínez defenderán o campionato de 2017. Santomé e Del Barrio foron finalistas. Mentres, Currás vén de gañar o Ourense Oupen tras vencer a Rodríguez na final.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

televisión

opinión

  • Colonoscopia pública
    Colonoscopia pública Si le hacen una colonoscopia en un hospital del Sergas tenga la seguridad y la tranquilidad de que será una colonoscopia pública. Con las nuevas políticas de publicidad, además, tal vez le pongan un sello en el culo que haga…
    Leer más...

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído