21082019Mié
Última edición: Mié, 21 Ago 2019 10am

A Vigo Battle of Teams desborda as expectativas e volve crecer en participación

A proba, que se desenvolve do 3 ao 5 de agosto en Samil, recibiu 1.500 solicitudes de inscrición

16 Julio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha imaxe dunha edición anterior da proba. / Foto: Vigo Battle of Teams Unha imaxe dunha edición anterior da proba. / Foto: Vigo Battle of Teams

A Vigo Battle of Teams segue a crecer ano tras ano e reunirá do 3 ao 5 de agosto en Samil a un total de 750 deportistas despois de recibir o dobre de inscricións e verse obrigados a deixar equipos fóra malia abrir a cifra de participantes. Cómpre lembrar que a primeira edición trouxo a Vigo a 188 persoas e o 2017 a preto de medio milleiro. Ademais, a competición gaña unha categoría con respecto á última proba e suma así cinco: Intro, Prol, RX, Elite e Máster. Igualmente, incrementa a súa presenza internacional con deportistas procedentes de España, Francia, Bélgica, Andorra, Italia e Portugal.

Gustavo Veloso, un dos responsables da organización, lembra que a competición comezou “de xeito humilde” pero cunha idea que funciona. “En agosto un deportista de crossfit non está no seu mellor momento de forma física porque xa témolo competindo, pero ao darlle forma social e turística campionato a xente anímase máis”.

Así, o evento converteuse nunha cita deportiva e turística a partes iguais. “Aos atletas encantoulles a cidade, a comida, o clima e a competición”. E quédanse da orde de catro a seis días coa familia.

Este ano a inscrición estaba pensada para medio milleiro de participantes pero diante da avalancha de solicitudes (1.500), a organización optou por ampliar a cota de equipos inscritos na fase previa, é dicir, “a metade dos que se apuntaron”.

Outra novidade é a incorporación do trail, en Fragoselo e co visto bo da comunidade de Montes. Serán “catro ou cinco quilómetros; que xa se fan bastante duros cos desniveis que ten”. O reto de Veloso é “tentar facelo ben. Quero que sexa o mellor Campionato de Europa”, dixo, para traer 1.000 atletas en 2019.

O crossfit é un tipo de adestramento intenso e variado. Os participantes terán que nadar, correr, saltar, facer exercicios de halterofilia, de ximnasia... Esta disciplina nútrese especialmente do atletismo, ximnasia, halterofilia e natación.

O venres 3 comezará a competición no campo de fútbol de Samil con probas ás 12:00 e ás 16:00 horas, o sábado ás 8:00 horas estarán nadando na praia e ás 11:00 e ás 15:00 horas competindo de novo no complexo. E o domingo, o trail ás 8:00 e as finais no campo de fútbol ás 11:00 horas.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad 2019

obras

fiesta

terremoto

proyectos

  • Últimas noticias

  • Más leído