09122019Lun
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 6pm

Scooter

As mellores piruetas en patinete, o venres e o sábado en Panxón

Porto Scoot, coas inscricións aínda abertas, reunirá a máis de medio cento de participantes, entre eles algúns dos dez primeiros clasificados no recente campionato do Mundo en Barcelona

25 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
A proba promete moito espectáculo. A proba promete moito espectáculo.

O Concello de Nigrán, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza este venres 29 e sábado 30 de xuño no complexo deportivo de Gaifar (Panxón) a segunda edición do campionato de scooter 'Porto Scoot', unos dos poucos eventos de patinete freestyle en Galicia e que reunirá aos mellores rides a nivel nacional.

Así, entre estes participantes destacan o subcampión do mundo júnior e campión Fisher Alex Pérez, de só 10 anos; Alex Gonga, cuarto do mundo; e entre os galegos, Toni Castillo (gañador do ano pasado en Porto Scoot), Adrián Cabanelas (segundo) ou o nigranés Iago Senra, reputado rider a nivel nacional.

"Son un auténtico espectáculo, moitos deles son nenos que non superan os 11 anos e resulta impresionante o que acadan", sinala dende a organización Adolfo Senra, quen anima á veciñanza a asistir a este evento que nesta edición se traslada dende Porto do Molle a Panxón debido precisamente ás obras nas marxes do río Muíños que, precisamente, contemplan a construción no espazo deportivo dun park de scooter.

"Hai unha gran afección entre os rapaces de Nigrán a este deporte urbano, por iso dende o Concello apostamos forte por Porto Scoot e estamos a habilitar unhas pistas permanentes", sinala o alcalde, Juan González, quen agarda que a competición "se consolide chegando a ser unha referencia en Galicia e a nivel nacional".

O campiontato contará con categoría máster e pro (os máis experimentados) e arrancará o venres ao mediodía coas inscricións e adestramentos para reanudarse o sábado cos entrenos oficiais e roldas clasificatorias. Ata o propio venres os riders poden inscribirse na web www.portoscoot.es ou alí ese día a primeira hora. O park será montado polo Concello no complexo deportivo Dunas de Gaifar e contará con minirampa, funbox, varios quarters e zona street, todo elo para garantir o máximo espectáculo. Agárdase que a entrega de trofeos para os tres primeiros de cada categoría se realice o sábado ás 21:30 horas.

Porto Scoot finalizará cunha jam de hip-hop aberta a todo o público encabezada polo noruego Marcio 'Ratinho' Salvador, que ven directamente da súa derradeira batalla en Bratislava.Porto Scoot 1Porto Scoot 2

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

tráfico

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído