13122019Vie
Última edición: Vie, 13 Dic 2019 2pm

O vigués Miguel Barreiro, primeiro español no equipo mundial de exhibición

Importante premio para o deportista do club Yidam-CEIP Balaídos tras os éxitos acadados nas últimas semanas

08 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Miguel Barreiro, en plena competición. / Foto: Federación Galega de Taekwondo Miguel Barreiro, en plena competición. / Foto: Federación Galega de Taekwondo

Miguel Barreiro Estévez, integrante do club Yidam-CEIP Balaídos e subcampión do mundo de taekwondo praia na modalidade de rompementos libres, foi seleccionado para formar parte do equipo de exhibición da Federación Mundial de Taekwondo. É a primeira vez na historia que un español obtén este nomeamento.

Entre o 1 de xuño ao 31 de decembro, o deportista vigués realizará exhibicións internacionais no equipo que neste momento é o mellor do mundo. Miguel Barreiro participou no Campionato do Mundo celebrado na illa de Rodas (Grecia) e obtivo, ademais do subcampionato na modalidade de rompementos libres, a prata en rompemento de salto de altura e en quinteto freestyle de exhibición.

A modalidade de rompementos libres é a máis espectacular: o participante ten dous minutos de tempo e pode romper un máximo de 10 táboas en modo de coreografía. Despois do pase á final, a actuación de Barreiro foi espectacular, dado que só fallou unha táboa quedándose a escasas décimas do representante coreano que obtivo o campionato.

O deportista vigués é cinto negro 1er dan, leva practicando taekwondo desde os catro anos como actividade extraescolar no colexio Balaídos ata que decidiu unirse aos grupos de exhibición do club Yidam, onde conseguiu ser tres veces campión de España de exhibición.Miguel Barreiro

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído