06122019Vie
Última edición: Jue, 05 Dic 2019 8pm

taekwondo

Vigo volve do Mundial de Rodas cheo de medallas

Os representantes olívicos acadaron en Grecia sete metais nas diferentes modalidades

30 Abril 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Representantes vigueses, no podio de Rodas. / Foto: Federación Galega de Taekwondo Representantes vigueses, no podio de Rodas. / Foto: Federación Galega de Taekwondo

Os representantes vigueses no Mundial de Praia de taekwondo celebrado en Rodas (Grecia) brillaron con luz propia e trouxeron para a cidade un bo feixe de medallas nas diferentes modalidades presentes na competición.

En Freestyle Breaking -combinación de rompementos, ata dez e nun tempo máximo de dous minutos-, houbo dobrete coa prata de Miguel Barreiro e o bronce de Adrián Alonso, ambos pertencentes ao club vigués Yidam. Barreiro estivo case perfecto –só fallou un rompemento- e a altura que alcanza da moitísima espectacularidade. Pola súa banda, Alonso tamén destacou pola potencia que ten ao facer as súas acrobacias.

En High Kick Performance -a patada máis alta- Barreiro, o máis destacado do día, acadou outra medalla de prata. Tras partir de 2,30 metros, a dificultade foi subindo pouco a pouco ata chegar aos 2,65 metros. Barreiro, ademais, foi seleccionado para formar parte do equipo de exhibición da Federación Mundial do 1 de xullo ao 31 de decembro.

Na modalidade de parellas, o ouro foi para o dúo formado por Sandra Gardini e Adrián Alonso (Yidam), que abraiaron ao público coas súas acrobacias. Ademais, o tándem composto por Aitor Priego e Eirim Vaamonde (Yidam) obtivo o bronce.

Ademais, Eirim Vaamonde logrou a medalla de bronce en freestyle + 17 feminino. Vaamonde arriscou na final para tentar subir posicións, cunha rondada mortal, que era a primeira vez que a incluía nun exercizo. Non saíu perfecta, pero fixo un gran traballo que foi recompensando cun terceiro posto.

En quintetos, Tailandia logrou a medalla de ouro, mentres que o quinteto galego (Eirim Vaamonde, Aitor Priego, Miguel Barreiro, Sandra Gardini e Adrián Alonso, do Yidam) foi prata e Italia –que o día antes non participara na demostración- acadou o bronce.

Gran papel do Hebe moañés
Igualmente, o club moañés Hebe completou unha grande actuación en Grecia, traendo o ouro tras vencer na Copa Presidente de Atenas por medio de Tania Castiñeira no peso pesado da categoría júnior feminina, ademais de clasificarse para o Campionato de Europa sub 21.

Castiñeira gañou todos os seus combates con folgura. Comezou a súa marcha pola President Cup contra a grega Eirini Tsogka e venceu cun contundente 17-5. En segunda rolda esperaba a turca Dilara Arslan, que está clasificada para os Xogos da Xuventude. Pero Tania seguiu intratable e gañou por 16-4. Nos cuartos de final, a rival era a rusa Linara Muslimova e novamente control absoluto da deportista do Hebe que se impuxo por 9-3. Na semifinal, Tania impúxose a Sevasti Gavriilidou (Grecia) por 11-4. E rematou a súa actuación en Atenas, co quinto e último combate fronte a Tuba Donukara (Turquía) a quen venceu por 6-2.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

vigo

ocio

  • Últimas noticias

  • Más leído