22012020Mié
Última edición: Mar, 21 Ene 2020 9pm

O torneo de golf Pulpo bota a andar o sábado no Aero Club

O evento, que estrea dúas categorías infantís, dispútase ata o martes 15 en sistema ‘Stableford’

09 Agosto 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)

El IV torneo de golf ‘Pulpo-Deputación de Pontevedra’ reunirá entre o 12 e o 15 de agosto a golfistas de todas as idades. Como nas pasadas edicións, nas que chegaron a participar ata 200 xogadores e xogadoras, o torneo celebrarase no Real Aero Club de Vigo.

Na competición cada participante deberá completar un total de 36 foxos e o sistema de competición será ‘Stableford’, unha modalidade que consiste en que cada foxo puntúase con relación ao par.

Poderán participar no torneo todos aqueles golfistas con hándicap nacional que estean en posesión de licencia en vigor expedida pola Real Federación Española de Golf e ademais este ano como novidade o torneo incorpora dúas categorías de infantís, con catro ou nove foxos. O prazo de inscrición remata este xoves ás 17:00 horas.

O torneo ten carácter competitivo e familiar e, como vén sendo tradición, aquel participante que faga un foxo en un será premiado co seu peso en polbo.

fitur 2020

peinador

sucesos

fútbol

  • Últimas noticias

  • Más leído