14102019Lun
Última edición: Lun, 14 Oct 2019 5pm

A Vigo Battle of Teams chega aos cen equipos e convértese en referente nacional

A esixente competición de crossfit celebrarase esta fin de semana en Samil cun total de 500 participantes procedentes de España e o estranxeiro

31 Julio 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
Imaxe da segunda edición da proba, disputada en 2016. / Foto: Vigo Battle of Teams Imaxe da segunda edición da proba, disputada en 2016. / Foto: Vigo Battle of Teams

A Vigo Battle of Teams, terceira edición dunha esixente competición de crossfit, deporte de moda importado de Estados Unidos, celebrarase esta semana, de venres a domingo, no complexo deportivo municipal de Samil. O evento reúne cen equipos e contará con deportistas de varias comunidades autónomas, pero tamén de Francia, Portugal e Andorra.

O crossfit é un tipo de adestramento intenso e variado. Os participantes terán que nadar, correr, saltar, facer exercicios de halterofilia, de ximnasia... pois esta disciplina nútrese do atletismo, a ximnasia, a halterofilia ou a natación.

No verán de 2015 disputouse este evento deportivo na praia do Vao, no que participaron 188 atletas de toda España. Hai un ano xa se celebrou en Samil con 300 inscritos e agora serán 500. "Crecemos exponencialmente e non hai un campionato de crossfit que se atreva con tantos participantes", informou Gustavo Veloso, un dos impulsores desta competición, na presentación que tivo lugar este luns.

Este ano serán 100 equipos e 500 deportistas os clasificados tras unha fase previa nacional na que participaron 1.250 atletas. En Vigo haberá 20 equipos de categoría Intro, 30 de Pro, 30 de Elite e 20 de Máster, é dicir, o dobre de categorías que o verán pasado ao abrirse o evento ás divisións Intro (iniciación) e Máster (veteranos).

O complexo deportivo de Samil e a praia serán os escenarios do campionato. O venres arrinca a competición con dúas probas (ás 16:00 e 18:00 horas). O sábado ás 08:00 horas estarán nadando na praia e ás 12:30 competindo de novo no complexo municipal. O domingo chegarán as probas finais (09:00 e 12:30).

Na presentación, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, apuntou que é este "o momento de facer esta competición en Samil" e tamén que no terceiro verán que Crossfit Vigo organiza esta proba, "queremos que sexa unha referencia en Europa", unha vez constatado polas opinións de deportistas e medios especializados que "é a máis importante de España".

Inicia sesión para enviar comentarios

vigo

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído